Diseño curricular

Páginas: 36 (8832 palabras) Publicado: 13 de marzo de 2011
1. Teoría do Currículo…………………………………………………………………..…….2

❖ A qué chamamos currículo? Delimitación do concepto e tipos…………..…..2

❖ Investigación didáctica: Modelos e Paradigmas……………………………..….5

2. Elaboración do Proceso Curricular – Elementos que o integran…………….….11

❖ Niveis de Concreción …………………….……………………………………..….11

❖ Fontes efuncións…………………………….……………………………………….12

❖ Elementos do currículo: Desenvolvemento das competencias básicas ..…14

3. A Avaliación…………………………………………………………………………….…..17

❖ Concepto…………………………………………………………………………..…...17

❖ A Avaliación do Proceso…………………………………………………………….18

❖ Función da avaliación …...……………………………………………………..……21

❖ Técnicas e Instrumentos ……………………………………………………………21

4.Conclusión…………………………………………………………………………………23

5. Bibliografía…………………………………………………………………………………24

1. Teoría do Currículo:

❖ A qué chamamos currículo? Delimitación do concepto

"No existe una definición del Currículo que perdurara para siempre (...) Es insensato buscarla (...)
Cada definición sirve a los intereses de la persona o grupo que la propone y (...) Es siempre apropiado hablar de cuáles serían las consecuencias de adoptar una u otra definición".-Jackson - (1992) -

Podería escribir, para definir currículo, un gran número de definicións de diversos autores, como esta feita por Jackson, pero vou intentar definir o concepto xeral de currículo. Con isto quero reflectir aquí a complexidade do termo á hora de propoñer unha soa definición para este concepto.
Ao tratar de achegarnos ao concepto de currículo hai que recordar que sufriu unhaevolución na súa práctica e na forma de concibilo. Tampouco, pódese falar dun concepto rematado, absoluto de currículo; como máximo podemos falar de opinións máis ou menos xustificadas que non chegan a ofrecer unha definición da natureza do currículo na súa amplitude.
O concepto de currículo é un dos mais controvertidos na disciplina da educación. A orixe histórica do termo currículo sitúase acomezos do século XVII nas universidades de Leiden e Glasgow, como consecuencia das formulacións que, no ámbito político, social e relixioso inculca o calvinismo. En 1918, apareceu nomeando o libro de Bobbit “The Currículo”. O termo currículo tivo dúas acepcións fundamentais: curso de estudos e curso de vida. Durante bastante tempo predominou a primeira concepción; non obstante, recentementeproducíronse varios intentos de recuperar o segundo significado, é dicir, como conxunto de experiencias vividas na aula ou fóra dela, pero dentro da institución escolar.
Dentro dos diversos autores, contamos con aportacións de Connelly e Clandinin (1992, p. 393), que afirman que os profesores non transmiten nas aulas un currículo, senón que viven un currículo e constrúen o seu currículo, "como un curso devida". Na mesma liña, Pérez G., A (1992, p. 29) define o currículo como "o relato do conxunto de experiencias vividas polos profesores e alumnos baixo a tutela da escola... un proxecto educativo en construción permanente". O termo currículo foi utilizado nas últimas décadas na teoría educativa como marco conceptual para entender e determinar a educación e como ámbito e fenómeno da realidadeeducativa. Deu lugar a formulacións difusas e ambiguas.
Como campo de estudo, é un concepto nesgado por diversas opcións ideolóxico-culturais e porque abrangue un amplo campo da realidade educativa, dende diferentes perspectivas.
Gimeno (1988), no seu libro "O currículo: unha reflexión sobre a práctica", realiza unha ordenación de definicións, sinalando que o currículo pode analizarse dende cincoperspectivas diferentes:
- Dende a perspectiva da súa funcionalidade social, enlace entre a sociedade e a escola.
- Como proxecto ou plan educativo, integrado por diferentes aspectos, experiencias e orientacións.
- Como expresión formal e material dese plan educativo que debe presentar baixo unha estrutura...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Diseño Curricular
  • Diseño curricular
  • Diseño Curricular
  • Diseño curricular
  • Diseño Curricular
  • Diseño curricular
  • diseño curricular
  • DISEÑO CURRICULAR

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS