Historia

Páginas: 18 (4454 palabras) Publicado: 4 de enero de 2011
Estado e nación na Restauración borbónica
(1875-1931)

Introducción á Restauración
Coñécese co nome de Restauración ao período comprendido entre 1875, cando Alfonso XII de Borbón regresou a España despois do pronunciamento de Martínez Campos, e a Dictadura de Primo de Rivera (1923) que puxo fin a un longo período de monarquía parlamentaria Nesta época consolidouse o modelo de Estado liberalque se iniciara durante a etapa isabelina Foi unha época de estabilidade política (sobre todo ata o reinado de Alfonso XIII) na que se produciu a modernización da economía española Pero contou tamén con notables deficiencias: falseamento do sistema político, corrupción, agudización das contradiccións sociais

A Restauración foi valorada, polo xeral, de maneira negativa incluso por moitos dosseus contemporáneos, especialmente a partir do Desastre de 1898 Os rexímenes que a substituíron -a Dictadura de Primo de Rivera primeiro, e a IIª República despois- contribuíron a reforzar unha imaxe negativa deste período xa que naceran precisamente tratando de superar as súas deficiencias O franquismo, sistema totalitario e antidemocrático que rexeitaba calquera modelo liberal, tampouco vía ningúnaspecto positivo na Restauración Tan só a partires dos anos 70, co final do franquismo, tense producido unha revisión historiográfica máis ponderada que non se basea nin na condea global nin na xustificación acrítica

Cánovas e as orixes da Restauración
Cánovas del Castillo era o portavoz autorizado de Alfonso (ao que a súa nai destronada transmitira os dereitos da Coroa de España en 1870)foi el o que inspirou a educación do príncipe, facendo que estudiase en Inglaterra que daquela era o símbolo da política constitucional e liberal En 1874 fixo público o chamado Manifesto de Sandhurst nome da academia militar inglesa onde o futuro Alfonso XII realizaba estudios militares redactado polo mesmo Cánovas para preparar a restauración monárquica

Manifesto de Sandhurts. Decembr o de 1874« Por virtude da espontánea e solemne abdicación da miña augusta nai, tan xenerosa como infortunada, son o único representante eu do dereito monárquico en España. Arrinca este dunha lexislación secular, confirmada por todos os precedentes históricos, e está indubidablemente unida ás institucións representativas, que nunca deixaron de funcionar legalmente durante os trinta e cinco anostranscurridos desde que comezou o reinado da miña nai ata que, aínda neno, pisei eu con todos os meus chan estranxeiro. Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, natural é que volva os ollos ao seu habitual dereito constitucional e a aquelas libres institucións que nin en 1812 impediron que defendese a súa independencia nin rematar en 1840 outra empeñadaguerra civil. ( )

continuación do Manifesto de Sandhurst
Por todo isto, sen dúbida, o único que inspira xa confianza en España é unha monarquía hereditaria e representativa, mirándoa como irremplazable garantía dos seus dereitos e intereses desde as clases obreiras ata as mais elevadas. No entretanto non só está hoxe por terra todo o que en 1868 existía, senón canto se pretendeu crear desdeentón. Se de feito está abolida a Constitución de 1845, está tamén de feito abolida a que en 1869 se formou sobre a base inexistente xa da Monarquía. Se unha Xunta de senadores e deputados, sen ningunha forma legal constituída, decretou a República, ben axiña foron disoltas as únicas Cortes convocadas co deliberado intento de instaurar aquel réxime polas baionetas da guarnición de Madrid. ( ) Afortunadamente, a Monarquía hereditaria e constitucional posúe nos seus principios a necesaria flexibilidade e cantas condicións de acerto fan falta para que todos os problemas que se produzan co restablecemento sexan resoltos de conformidade cos votos e a conveniencia da nación. Non hai que esperar que decida eu nada en firme e arbitrariamente; sen Cortes non resolveron os asuntos complicados os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La historia de la historia
  • historia de la historia
  • Historia de la historia
  • La historia de la Historia
  • la historia de la historia
  • historia de la historia
  • el historiador y la historia
  • Historia de la no historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS