La situación de la mujer en el mercado laboral gallego

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 85 (21188 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 22 de noviembre de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
ÍNDICE

• INTRODUCCIÓN.

CAPÍTULO I-. AS MULLERES E O MERCADO LABORAL.
I.1.Segregación no emprego.
I.1.1. O Agro.
I.1.1.1. A muller e o agro. Aproximación á realidade das labregas galegas.
I.1.1.1.a. Saúde da muller traballadora no agro.
I.1.1.1.b. Afiliación e discriminación das mulleres no Réxime Especial da Seguridade SocialAgraria.
I.1.1.1.c. Consecuencias e problemas en relación co Estatus Xurídico da muller labrega.

I.1.1.2. Razóns e explicacións do abandono rural polas mozas galegas.

I.1.2. Conserveiras
I.1.3. Mariscadoras.
I.1.4. Traballo doméstico.
I.1.4.1. Un traballo peculiar.
I.1.4.2. Marco conceptual.I.1.4.3. Distribución do traballo doméstico.
I.1.4.4. Diferencias por xénero.
I.1.4.5. Traballo doméstico asalariado.

I.2. A muller retornada.

I.2.1. Antecedentes históricos.
I.2.2. Situación actual do retorno.
I.2.3. A muller en Galicia e a emigración.
I.2.4. Problemática da realidade socio-laboral da mulleremigrante retornada.

I.3. Diferencias salariais entre homes e mulleres.
I.4. Dobre xornada.
I.4.1. Incorporación da muller no mundo laboral.
I.4.1.1. Cambios no entorno social.
I.4.1.2. Cambios no mercado laboral.
I.4.1.3. Cambios na cualificación da muller.
I.4.2. Compaxina-lo traballo doméstico e o traballo profesional.
I.5. Muller esindicalismo.
I.5.1. Aproximación á situación actual do movemento obreiro.
I.5.2. Muller e sindicalismo.
I.5.3. A muller nos sindicatos galegos: SLG, CIG e CUT.
I.5.3.1. Sindicato Labrego Galego- Comisión Labregas.
I.5.3.2. Confederación Intersindical Galega.
I.5.3.3. Central Unitaria de Traballadores/as.
I.5.4. Algúns conflictos laborais.I.5.4.1. Conservas CHARPO, S.A.
I.5.4.2. Maconsi.

CAPÍTULO II. LEXISLACIÓN.

II.1. Normativa internacional.
II.2. Convenio da O.I.T.
II.3. Normativa comunitaria.
II.4. Normativa estatal.
II.5. Normativa autonómica.

CAPÍTULO III. O EMPREGO DA MULLER EN GALICIA. DATOS ESTATÍSTICOS.

□ CONCLUSIÓN.
□ BIBLIOGRAFÍA.

INTRODUCCIÓN- Unha vida sen cuestionamentos
non é digna de ser vivida.-
Sócrates.

Durante séculos as mulleres e os homes modelaron a súa vida segundo o esquema herdado da prehistoria: o home adicábase á caza e a muller quedaba na caverna. Así, o home encargábase dos negocios, a producción e o goberno da cidade; a mullerocupábase do fogar e de educar ós nenos.
Esta distribución conlevou á seguinte xerarquía de valores: no home estaba tódala forza, o saber e a decisión, mentres que na muller estaba tódala debilidade, intuición e submisión.
Ó chegares a industrialización as mulleres accederon ó taller e á mina, pero seguían sen ter voz nin voto. Pola contra, a cultura burguesa do XIX fixou os seguintes mitos: ohome-rei e a muller- súbdita. Ó tempo que se louvaba a vida familiar.
Ten que chega-la 1ª Guerra Mundial para que suceda unha anomalía no transcurso da Historia da muller. Mentres que a meirande parte dos homes estaban na guerra, a economía dos países en guerra comezaba a ser alarmante. As fábricas estaban baleiras e soster un conflicto de tal magnitude era imposible tendo practicamente ó sectorindustrial paralizado; polo que os gobernos comezan a fomenta-la entrada das mulleres no traballo fabril, animándoas con invocacións patrióticas a ocupa-lo lugar dos homes.
O acceso a ditos traballos foi difícil, xa que algúns traballadores opoñíanse a que traballasen polo mesmo salario ca eles, aínda que se tratase do mesmo traballo; polo que as mulleres víronse obrigadas a prometer que lles...
tracking img