Psicología Desarrollo

Páginas: 6 (1317 palabras) Publicado: 2 de diciembre de 2012
INTRODUCCIÓN
A vellez é un estado da vida e o envellecemento un proceso que acontece ó longo de todo o ciclo vital. (Fernández Ballesteres, 2011)
No proceso de envellecemento podemos distinguir entre o envellecemento primario e secundario. O primario son os cambios físicos, universais e irreversibles que atravesan os seres vivos a medida que envellecen, como por exemplo o aspecto externo, aperda da agudeza nos sentidos…; e o envellecemento secundario son as enfermidades ou afeccións físicas específicas que son mais frecuentes durante o envellecemento, pero que están causadas polo réxime de vida, polos xenes e por outras influencias que varían en cada persoa. (Berger y Thompson, 2001)
O 75% dos cambios relacionados ca idade poden ser atribuídos ó envellecemento social e son produto dasnosas crenzas, prexuízos e conceptos erróneos sobre a vellez. (Fernández, 2009)
O concepto de vellez soe ser concebido erroneamente como sinónimo de enfermidade. O feito de que unha persoa maior estea enferma ou teña unha saúde óptima non depende da idade senón da estrutura xenética e do seu estilo de vida pasado e actual, ademais de diferentes factores psicosociais; aínda que é innegable queas persoas maiores son máis susceptibles de padecer enfermidades así como de recuperarse delas.
O que se abarca nesta sesión interactiva e con ela o programa “Saber envejecer. Prevenir la dependencia” é intentar, mediante unhas guías, concienciar ás persoas que á vellez se debe chegar con unha actitude positiva e uns hábitos de vida saudables para así erradicar con todos eses estereotiposnegativos que circulan arredor deste período vital e concluílo dunha maneira activa e exitosa.
Nelas abórdanse os cambios biolóxicos destacando os cambios no cerebro como por exemplo alteracións no control dos procesos cognitivos e na memoria; cambios nos sentidos, os cales van afectar ás relacións sociais pero que son corrixibles. Entre eles temos a diminución da agudeza e amplitude tanto do campovisual como do auditivo. Cambios na pel, na aparencia física (manifestándose claramente a calvicie ou/e a calvicie); cambios no rostro, no sistema esquelético e cambios nos órganos sexuais, como por exemplo a redución dos niveles de testosterona nos homes e de estróxenos nas mulleres, ademais de cambiar os órganos xenitais.
Outro tema a abordar é o envellecemento e a enfermidade e a mortalidade. Doprimeiro dicir que hai dous tipos de envellecementos, un primario relacionado cos cambios irreversibles que acontecen co paso do tempo e outro secundario no que os cambios son producidos por enfermidades ou afeccións.

CONTIDOS SESIÓN INTERACTIVA
O programa “Saber envejecer. Prevenir la dependencia” (Sancho Castiello y cols., 2007) foi un proxecto que contou coa colaboración da OMS e da ObraSocial Caixa Madrid. Este, vai dirixido a persoas maiores para informarlles sobre aspectos que van a determinar un envellecemento activo e saudable, previndo situacións de dependencia e xerando un cambio de actitudes.
2.1 CONTIDOS
Este programa está formado por tres guías:
Unha primeira titulada “¡Cómo nos cambian los años!”. O que pretende esta guía e concienciar a estas persoas de que debenaceptar os cambios; que a vellez non é algo negativo senón un cambio vital ó igual que o paso da nenez á puberdade; que a vellez non é unha enfermidade, só leva certas “limitacións” ou certos cambios, polo que tamén debemos concienciarnos de elo. Por último, mellorar o estilo de vida como un modo de prevención e así manterse activos físico e mentalmente mediante a exercitación do cerebro,exercicio físico, alimentarse axeitadamente e relacionarse onde fan fincapé dunha vida sexual activa.
A segunda guía titulada: “Controla tu salud” fai fincapé nos hábitos de vida para acadar unha boa saúde ademais de visitas programadas ó centro de saúde. Explica a eficacia da prevención de enfermidades nas persoas maiores e unha serie de chequeos importantes para conservala, así como uns hábitos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Psicologia del desarrollo
  • Psicología Del Desarrollo
  • psicologia del desarrollo
  • Psicologia del desarrollo
  • Psicologia Desarrollo
  • Psicologia del desarrollo
  • Psicologia del desarrollo
  • Psicologia desarrollo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS