Resumo a cabeza de medusa

Páginas: 7 (1648 palabras) Publicado: 14 de febrero de 2012
A CABEZA DE MEDUSA de MARILAR ALEIXANDRE

PRIMEIRO CAPÍTULO

É venres e os rapaces dun instituto de Vigo van celebrar a festa do Entroido nas últimas horas da mañá. En clases xa había media ducia de persoas disfrazadas pero, Olga, a profesora de galego tiña moi claro que ían dar clases. Ese día tocaba entregar o traballo sobre un autor contemporáneo e Sofía esperaba non ter que ler o seupoema xa que era de amor. Non tivo sorte pero despois do cambio de hora, Rubén, un rapaz de ciencias, díxolle que lle gustara o poema que escollera. A partires de aquí tocou disfrazarse e prepararse para a festa que ían celebrar ata altas horas da madrugada.

SEGUNDO CAPÍTULO

Sofía recorda a derradeira clase de latín. Están a traducir a Metamorfoses de Ovidio. A profesora, Sinda, pediulles quebuscaran na rede unha imaxe ou un texto sobre o mito de Medusa, filla das Gorgonas que foi violada por Neptuno e que recibiu como castigo que ninguén a ollase xa que os que ousaban facelo tornábanse en pedra. Unha das rapazas da clase, Celia, explica que todos os fragmentos que leran semellábanse en que en todos ele, as rapazas foran violadas por deuses e que só elas recibiran o castigo e non osvioladores. Un grupo escolleu unha efixie etrusca; outro unha pintura de Caravaggio e, o terceiro escolleu unha escultura de Cellini. Ao saír, Sofía contoulle a Lupe a historia de Medusa e esta pensou en que podían ir disfrazadas dela pero xa era tarde.

TERCEIRO CAPÍTULO

Na festa e no baile do Entroido todos están a se divertir. Sofía e Rubén comezan a bailar e a falar do que lles gustaba facercando eran nenos. Rubén acercouse a ela cada vez máis, a ulila..., pero chegou Arthur e separounos. Mentres bailaban díxolle que ía a estudar electrónica, que os seus pais xa fixeran moito por el e que agora tocáballe a el facer algo por eles. Sofía pensaba que só era “un anaco de carne con patas e sen neuronas” e estáballe a demostrar que era moito máis responsable que ela. Ao final do baileconseguiu volver ver a Rubén quen se ofreceu a levala a casa pero ela díxolle que estaba con Lupe e que ían pedir un taxi. Ao final non o conseguiron e aceptaron a oferta de dous rapaces universitarios, algo bébedos, que as levaron a un descampado e alí violáronas. Despois deixáronas tiradas.
CUARTO CAPÍTULO


Comezan a andar ata atopar unha encrucillada e entón chaman aos pais de Sofía. Candochegan bótanse a chorar e cóntanlles que as violaran. Os pais de Sofía queren denunciar pero cando chegan á casa dos pais de Lupe, o pai dela, Nicolás, non está moi seguro de facelo xa que entón todos o saberían. Sofia e os seus pais van a comisaría e denuncian a violación. Despois toca ir ao hospital para facerlle un recoñecemento e xuntar as probas para que a denuncia poda seguir adiante.QUINTO CAPÍTULO

Despois de lavarse e cambiarse de roupa o médico comezou a facerlle unha serie de preguntas e informouna da pílula do día seguinte e dos posibles riscos despois de ter relacións sen condón. Díxolle que no caso de ter un embarazo estaría no caso no que podería abortar. Preguntoulle tamén se estaba soa ou estaba alguén con ela. Sofía contoulle que había outra rapaza con ela pero quenon sabía o que ía facer. Despois tocou contar todo outra vez na policía e tentar de describir aos seus asaltantes. O final chegou Lupe que tamén quería facer a denuncia e as dúas abrazáronse moi forte.

PARTE II


SEXTO CAPÍTULO

O fin de semana pasou. A noticia saíra no xornal. Todo o mundo o ía saber e o pai de Lupe non estaba moi contento. O irmán de Sofía, Alberte, deixou por un día omonopatín e estivo con ela vendo unha película na casa. Chegou a avoa coa súa torta de mazá que curaba as penas; a avoa pensaba que as rapazas hoxe en día levaban as saias moi curtas e saian ata moi tarde aínda que iso non xustificase a violación. Chamárona Celia e Rubén mentres estaba na ducha e despois falou con Lupe sobre o exame do día seguinte. Lupe díxolle que ao mellor llo perdoaban pero...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cabeza de Medusa
  • A cabeza da medusa
  • Resumo A Cabeza De Medusa 14 02 2012
  • a cabeza de medusa
  • Cabeza de medusa
  • A cabeza de medusa
  • Resumen de jinete sin cabeza
  • Cabeza Osea Resumen

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS