Temas de gallego

Páginas: 5 (1197 palabras) Publicado: 18 de abril de 2014
TEMA 2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar.
Interferencias e desviacións da norma.
Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano
oral. A existencia dunha variedade estándar -a que se usa nos ámbitos formais, a que se
describe nas gramáticas- contribúe a frear esa dispersión.
A construción da variedade estándar é o que secoñece co nome de normativización
lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de
modelos cultos a imitar.
A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o
galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non
emprendeu esa tarefa –imprescindíbel para a súa normalización social- ata o s. XIX,cos autores do Rexurdimento.
Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:
a) Galego popularizante (ata fins do s. XIX). Non existe realmente unha intención
normativizadora (Pondal foi o único autor consciente da súa necesidade), utilizan o
galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos,
castelanismos e dialectalismos.
b) Galego enxebrizante(ata 1936). Os autores comezan a sentir a necesidade dunha
norma escrita e inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co
castelán. As características máis salientábeis son:
- Busca dun galego supradialectal.
- Eliminación de castelanismos.
- O portugués é o seu modelo de lingua culta.
c) Galego protoestándar (ata fins dos 70). Medra a conciencia da necesidade dunmodelo culto que apoie a normalización do galego. Caracterízase sobre todo pola
simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e
cincunflexos).
d) Galego estándar (ata a actualidade). O mellor coñecemento lingüístico (grazas ás
investigacións e estudos universitarios) axuda a atopar solucións apropiadas para as
interferencias e desviacións que aparecían nas etapasanteriores. En 1982 a RAG e o
ILG aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, levemente
reformadas en 2003.
As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de
contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. Aparecen en
todos os planos da lingua. Algúns exemplos:
 No plano fónico: Redución do sistema vocálicode 7 vogais a 5, eliminando a
oposición entre semiabertas e semipechadas.
 No plano morfolóxico: cambio de xénero de determinados substantivos (*o
ponte, *a sangue), seguindo a norma castelá, confusión dos pronomes TE/CHE,
uso de tempos verbais compostos.
 No plano sintáctico: incorrecta colocación dos pronomes átonos.
 No plano léxico é onde máis abundan e responden a diferentesmotivacións:
prevalencia da palabra coincidente co castelán (comprar por mercar), restrición
do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio
(billa / *grifo), substitución da forma galega pola castelá (*arcilla por arxila,
*tenedor por garfo...)
Chamámoslle desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque
non pertencen ao nivel culto(vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras
de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola
presión do castelán (hipergaleguismos).
TEMA 3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de
normalización.
Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social
existente dentro dela: unha das linguas -adominante- vai ocupando progresivamente os
ámbitos da outra -a dominada- e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada
ou recesiva (que vai perdendo usos) chámaselle tamén lingua minorizada e é
empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos e ignorada ou
desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante
O concepto de lingua minorizada é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TEMA 4 Antonio Gallego
  • Literatura gallega tema 11
  • Temas de gallego para selectividad
  • Gallegos
  • Gallego
  • Tema 1 historia 4 ESO Gallego
  • Gallego
  • Gallego

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS