Tristan und isolde: ruptura e oposición aos valores tradicionais e ilustrados na obra de wagner.

Páginas: 4 (858 palabras) Publicado: 29 de enero de 2012
Tristan und Isolde: ruptura e oposición aos valores tradicionais e ilustrados na obra de Wagner.
Richard Wagner (1813-1883) representa na segunda metade do século XIX, o que Beethoven na primeirametade dese mesmo século. Os primeiros acordes da obertura do Tristan (1865) supuxeron un fito, tanto ou máis importante dentro da historia da arte, ca introdución dos versos de Schindler na NovenaSinfonía (1824). Ademais, Wagner levou até as súas últimas consecuencias a linguaxe e o sentimento romanticos herdados do seu admirado Beethoven. Existe un consenso xeralizado ao afirmar que coa ópera –oudrama musical, en vocabulario wagneriano- do Tristan e Isolda se inicia a música contemporánea. É máis; esta obra, dun cromatismo tonal até daquela inaudito, sería o inicio do fin da música tonal,deixando as portas abertas ao Dodecafonismo que iniciaría as vangardas musicais do século XX.
No plano conceptual tamén esta obra alcanza as máis altas cotas do Romanticismo: a esencia deste dramaatópase no Liebestod –morte de amor- expresado a través dunha música e un texto sublimes. Outros leitmotiv da obra, tales como o do Liebesnacht –noite de amor- ou o do Liebeslust –luxuria de amor- querepresentan a calidade do amor dos protagonistas, expresan a vontade de Wagner de oporse ao tradicional sistema de valores. Institucións e normas de conduta como a monarquía, o matrimonio ou a castidadeson desafiadas e transgredidas polos amantes: Isolda é conducida ante Marke, rei de Cornualles para ser desposada. Tras beberen o bebedizo de amor, o eterno vínculo que se forma entre Tristan e máisela levaraos a intentar tolamente consumar o seu amor, sen ningunha traba moral. Atoparanse, polo tanto, á marxe da orde política, sacramental e moral que os rodea; mais eles son conscientes do seutráxico destino, pois se non poden vivir o seu amor en vida, suxeitos ao tempo e ao espazo, vivirano na morte, eternamente, trascendentalmente. En linguaxe musical, o compositor representará as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Wagner
  • Richard wagner. tristan e isolda
  • Wagner tristan e isolda
  • Tristan e Isolda
  • Tristan e isolda
  • Tristan e isolda
  • Tristán e isolda
  • tristan e isolda

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS