Uiii

Páginas: 18 (4286 palabras) Publicado: 24 de febrero de 2011
HENRY HAZLITT. La Economía en una lección. • A Lección. A arte da economía consiste en considera−los efectos máis remotos de calquera acto ou medida política e non simplemente as súas consecuencias inmediatas; en calcula−las repercusións de tal política non sobre un grupo; senon sobre tódolos sectores. Non se debe, como fan os sofismas económicos daniños, contemplar só as consecuencias inmediatasou considera−los seus efectos unicamente sobre un determinado sector, esquecendo os restantes. • Os Beneficios da Destrucción. O paradoxo do vidro roto (sofisma da destrucción beneficiosa): ¿dinamiza a economía? Certo que a súa reparación estimula unha certa actividade económica. Pero o gasto na reparación tamén diminúe as posibilidades de realizar (con eses cartos) calqueroutro tipo de gasto.Hai que mirar non só o que provoca o vidro roto senón o que deixou de producir. Confúndese necesidade con demanda. A destrucción trae empobrecemento (necesidade). A demanda non require só a necesidade, tamén o poder de compra correspondente Confúndese riqueza con diñeiro. Se isto fose así a solución estaría na imprenta; pero isto xera inflación. A falacia da demanda diferida: a demanda pasa do quepodería ter sido á reparación do vidro. O que se produce é unha desviación na demanda de determinados productos. Pero non é así xa que se produce un descenso na producción total e diminuirá o valor absoluto en relación coa preguerra. A oferta e a demanda son dúas caras da mesma moeda. A oferta crea demanda porque no fondo é demanda. A oferta do que se ten é o que pode ofrecerse a cambio do que senecesita. • As Obras Públicas incrementan as cargas fiscais. Certas obras públicas son necesarias para atende−los servicios públicos indispensables. Outras obras públicas consideradas como medio para combate−lo paro, a necesidade pasa a ser unha cuestión secundaria. Estes proxectos teñen que inventarse. Por cada dólar gastado e proveniente de impostos haberá un dólar menos nos petos doscontribuíntes. Este diñeiro malgastado impedirá que puidesen ter existido outras cousas. Creando unhas cousas a expensas de outras, quen sabe se máis necesarias. Tanto a suposta creación de emprego coma a da creación da riqueza son falacias que esquecen os impostos que malogran e o que con estes recursos podería facerse. • Os Impostos frean a Producción. Os impostos quitan a A para darllo a B; osplanificadores esquecen a A. Tal cousa afecta ás accións e incentivos das persoas que os soportan. Ademais, o capital capaz de impulsa−la actividade mercantil privada se lle impide existir e o escaso que se acumula está, por isto, desalentado a acometer novos negocios. Unha certa carga fiscal é indispensable para as funcións esenciais de todo goberno. Uns impostos razoables 1

adaptados a estes fins noninterfiren na producción. Agora ben, canta maior sexa a porcentaxe da renda nacional que absorben os impostos, tanto maior será a disuasión exercida sobre a producción e a actividade privada. • O Crédito Estatal perturba a Producción. A axuda estatal ós negocios resulta tan temible ás veces coma a súa hostilidade. Estas axudas sempre se analizan dende o punto de vista dun sector determinado e só sepondera a primeira metade destas axudas. O Estado aplica normas que non se axustan á rigorosidade e ó coidado que no préstamo dos seus cartos fai a iniciativa privada; malgastándoos na maior parte das ocasións. E se aplicasen esta rigorosidade a súa inxerencia, simplemente, non tería razón. A inxerencia do Estado xustifícase para conceder axudas a aqueles que, doutro xeito, non as conseguiría dainiciativa privada; cun maior porcentaxe de perdas xustificadas no futuro incremento da producción derivado dos prestatarios. Este razoamento esquece a aqueles ós que a non inxerencia do goberno afecta. Con estes préstamos perderase máis diñeiro, será menos eficaz, e malgastará máis recursos. Ademais, o crédito estatal non provocou un aumento da riqueza, todo o contrario, todo o contrario que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Uiii
  • uiii
  • uiii
  • Uiii
  • uiii
  • Trabajo de Investigacion UIII
  • ANÁLISIS DEL TEXTO POÉTICO UIII
  • IBMC PRAC 7 UIII

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS