Galicia

Páginas: 10 (2481 palabras) Publicado: 25 de septiembre de 2012
-------------------------------------------------
Irmandades da fala
-------------------------------------------------
Orixe
|
Aurelio Ribalta, escritor galego que residía en Madrid e membro dun grupo de intelectuais galeguistas alí establecido, realizou un chamamento dende a revista Estudios Gallegos para defender a lingua galega en 1915. O 5 de xaneiro de1916 Antón Vilar Ponte recolleu achamada de Aurelio Ribalta e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e fomento do uso da lingua galega.
A proposta foi ben acollida por diferentes sectoresideolóxicos, aínda que serían dúas as tendencias principais, a de orixe tradicionalista de Antón Losada Diéguez e a liberal demócrata.
-------------------------------------------------
Historia
O 18 de maio de 1916, Antón Vilar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, FlorencioVaamonde Lores,Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy ou Ramón Vilar Ponte, entre outros. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, e nomeouse a Antón Vilar Ponte como Primeiro Conselleiro.

De seguido constituíronse diversas agrupacións locais, comezando pola de Santiagode Compostela, o 28 de maio dese mesmo ano de 1916, presidida por Luís Porteiro Garea[2], e seguida polas de Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense ouVilalba. En 1917 nacen as irmandades en Ferrol, Melide, Vigo, Mondoñedo e Baralla, e en 1918 as da Estrada, Vilagarcía,Betanzos, Ortigueira, Muxía e Lugo[3]. Nos seguintes anos seguen creándose outras até un total de 28; e a maioría delas elaborabanBoletíns[4]. Nestas agrupacións locais foron integrándose persoeiros como Aurelio Ribalta, Manuel Banet Fontenla,Ramón Cabanillas ou Xoán Vicente Viqueira. Na agrupación de Ourense integráronse ao pouco persoeiros como Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas. Co tempo, tamén se fundaron agrupacións na emigración, entre elas en Madrid, na Habana een Bos Aires.
O 26 de abril celebrou o primeiro acto público, en conmemoración dos fusilamentos de Carral. As primeiras accións das Irmandades estaban dirixidas á promoción da cultura e da lingua galegas, coa convocatoria de cursos de galego, recitais, xogos florais, exposicións, etc., pero pronto comezaron a manifestarse tamén iniciativas de carácter máis político, como amosa o feito de presentaren en1918 dous candidatos ás eleccións: Porteiro Garea por Celanova e Losada Diéguez pola Estrada, con negativos resultados námobolos dous casos[5]. Manuel Lugrís Freire redactou o que foi himno orixinario das Irmandades:
O 14 de novembro nace o órgano oficial das Irmandades, A Nosa Terra, dirixida por Vilar Ponte e escrita integramente en galego, que naceu xa con 2.000 subscritores. En febreirode 1917, Lois Porteiro Garea deu un mitin no Casino Republicano da Coruña, que supuxo o paso á actividade política do movemento, salto que tería fulminantes consecuencias, como o abandono dos elementos que só estaban interesados nun rexionalismo cultural e a perda de apoio da prensa da Restauración. A Nosa Terra deixouse de imprimir no obradoiro de La Voz de Galicia e este xornal converteríase no seuprincipal adversario. En novembro de 1917, unha delegación galeguista, encabezada por Porteiro, Ribalta e Peña Novo foi convidada a Barcelona para a Semana Galeguista que organizaba a Lliga Regionalista de Cambó. En setembro de 1917 colaborou coa Lliga para concorrer ás eleccións parlamentarias de febreiro de 1918, presentando candidaturas na Coruña (Antón Valcárcel) e en Celanova (Luís...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Galicia
  • galicia
  • GALICIA
  • Galicia
  • Galicia
  • Galicia
  • galicia
  • Galicia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS