2Republica

Páginas: 8 (1913 palabras) Publicado: 25 de marzo de 2011
A SEGUNDA REPÚBLICA
O 14 de abril proclamouse a Segunda República española que trouxo consigo a democracia. O entusiasmo inicial trocouse nunha violenta tensión que fixo moi difícil a convivencia e o mantemento do réxime republicano.

1. A Proclamación da República.

Incluso antes de coñecerse os resultados oficiais das eleccións municipais do domingo 12, proclamouse aRepública en diversas cidades e vilas. Contando co apoio popular, o comité da coalición republicano-socialista fíxose rapidamente co poder sen derramamento de sangue e coa maior orde posible. Ante estes acontecementos, o rei, decidiu partir para o exilio. O día 14 Niceto Alcalá Zamora foi nomeado presidente do Goberno.o primeiro problema xurdiu en Cataluña, onde Francisco Maciá proclamou o Estado catalán ea república federal. Esta situación provocou moita preocupación e desconfianza no goberno provisional, porque supoñía a transgresión do Pacto de San Sebastián, en que se establecera que habían de ser as Cortes constituíntes as que decidisen sobre o novo modelo de Estado. O día 17 viaxaron a Barcelona varios ministros para acordar con Maciá un programa que acelerase a autonomía catalá.

2. AsForzas Sociais e Políticas na República.

A República orixinou actitudes de apoio e rexeitamento que dividiron a sociedade española e crearon unha situación de tensión que foi aumentando ata desencadear a Guerra Civil de 1936. Os factores que contribuíron a crear esta situación foron:unha conxuntura internacional adversa, derivada da crise provocada polo crac da Bolsa de Nova York de 1929e a Gran Depresión, esta crise produciu un incremento do desemprego; unha sociedade dividida e enfrontada, de fortes desequilibrios sociais entre os xornaleiros agrícolas,obreiros industriais e clases medias, que aceptaban as reformas iniciadas polo Goberno republicano; fragmentación e polarización política

3. O Bienio Reformista. Abril 1931-Novembro 1933

O Goberno provisionalconstituído o 14 de abril tiña como obxectivo convocar eleccións xerais a Cortes constituíntes. Estas eleccións celebradas o 28 de xuño deron, de novo, o triunfo á alianza republicano-socialista, polo que o Goberno non se modificou. Os historiadores denominan a este primeiro período como o Bienio Reformista.

- A Constitución de 1931

As Cortes, presididas por Xulián Besteiro, crearonunha comisión para a redacción da Constitución. Un dos temas máis controvertidos desta constitución foi o voto das mulleres. As Cortes aprobaron a nova Constitución o 9 de decembro de 1931, esta Constitución definía a España como unha república de traballadores de toda clase e como un Estado integral compatible coa autonomía dos municipios e rexións. Como fórmula política de goberno foiestablecida a república parlamentaria. As Cortes tiñan o poder lexislativo e o control dos orzamentos e do Goberno. O presidente da República era elixido polos deputados para un mandato de seis anos. O presidente do Goberno e os seus ministros exercían o poder executivo e eran responsables ante as Cortes.

Os dereitos, deberes e liberdades do españois estaban claramente especificados. O sistemaeconómico combinaba o dereito de propiedade privada co dereito de Estado a intervir en asuntos económicos. A Constitución deseñaba así un modelo de economía mixta, que provocou a oposición das dereitas, dos propietarios e dos industriais.

- O Goberno de Azaña e as grandes reformas da República.

Unha vez aprobada a Constitución , foi elixido presidente da República Niceto Alcalá Zamora e xefede Goberno Manuel Azaña. Este período republicano caracterizouse pola súa actividade reformista a través de innovadoras leis que pretendían democratizar a vida política española, modernizar as súas estruturas e mellorar o nivel de vida das clases menos favorecidas. Estas leis afectaban aos intereses de grupos acostumados a exercer o poder e o control, o que orixinou unha forte oposición a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • 2republica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS