aristoteles

Páginas: 33 (8122 palabras) Publicado: 12 de mayo de 2013
HISTORIA DA FILOSOFÍA
Aristóteles
Vida
Naceu en Estaxira, colonia ateniense xunto aos Dardanelos (de aí o sobrenome de "o
estaxirita"). En Atenas era, pois, case un estranxeiro, un meteco macedonio, ateniense
só por ter nacido nunha colonia.
O pai de Aristóteles era médico de cámara do pai de Filipo, rei de Estaxira; del
aprendería Aristóteles a técnica de disecar e o seu raro interesepola bioloxía. Á morte
do seu pai foi enviado polo seu titor a estudar á Academia, onde estivo 20 anos, desde
os 17 hasta os 37. Marchou con Teofrastro a Assos, onde permaneceu 3 anos
establecendo estreita amizade con Hermias, señor de Atarnea e Assos, que lograra
crear un pequeno estado independente e que compartía con Filipo o ideal dunha
unificación helénica para loitar contra o poderíopersa. Aristóteles casou con Pythias,
sobriña e filla adoptiva de Hermias, da que tivo unha filla á que puxo o mesmo nome da
súa nai. Hermias foi derrotado polos persas e crucificado. Ao morrer enviou aos seus
fillos esta mensaxe: "Decídelles que non fixen nada digno da Filosofía". De Assos
(entonces campo de batalla entre persas e gregos) á morte do seu protector Hermias,
marchou a Lesbos. Lesbostiña unha tradición antiquísima de cultura xónica e,
ademais, Aristóteles podía ver nas súas praias animais interesantes da vida mariña e
acumular experiencias cos comentarios dos vellos pescadores, sempre prontos a falar
das cousas da mar. Aristóteles é o primeiro que describe as baleas e as focas como
mamíferos e explica detalles da reprodución de peces vivíparos e de polbos mariños
que secrían absurdos e que hasta fai pouco non se viron que eran agudas
observacións de feitos reais. De Lesbos foi a Macedonia chamado por Filipo para
coidar da educación do seu fillo Alexandro, có que mantivo unha gran amizade.
Alexandro sucedeu ao seu pai no ano 336, iniciando pouco despois as súas fulgurantes
campañas contra o imperio persa. A petición do filósofo, Alexandro reedificouEstaxira,
destruída por Filipo en 348, e lle enviaba material para os seus estudios de Historia
Natural e grandes cantidades de diñeiro para as súas investigacións. Tamén se di que
tivo expedicións para averiguar o curso do Nilo; que Aristóteles tivo cazadores que lle
proporcionaron exemplares raros para o seu xardín zoolóxico; que tivo exércitos de
amanuenses que lle compilaron textos e leis e, enfin, que incluso recibiu parte do botín
de Asia ( cítase a cifra elevadísima de 800 talentos). E probable que Aristóteles
formase aos seus discípulos na política realista de Hermias e no concepto do que a
unión de tódolos gregos podería significar para unha empresa común: "Se a raza
helena puidera fundirse nun só estado, dominaría o mundo". Pero nunca compartiu as
aspiracións universalistas deAlexandro, considerando absurda a fusión de helenos e
persas nun plano de igualdade. Tampouco chegou a comprende-la transformación
revolucionaria que implicaba o concepto imperial de Alexandro respecto da polis
helénica tradicional. Ao dar por terminada a educación de Alexandro, Aristóteles volveu
a Atenas para fundar unha escola ao este da cidade, xustamente ao lado oposto ao da
Academia.Había alí un pequeno santuario de Apolo Lince , protector dos ganados, e
por iso a nova escola tomou o nome de "Liceo". Nela, Aristóteles construíu uns
pórticos, baixo os que paseaba cos seus discípulos, e por iso chamábanlles
"peripatéticos", que quere dicir "paseantes". A escola de Aristóteles prosperou durante
os 13 anos do reinado de Alexandro, que lle proporcionaba medios cos calesadquirir

todo o necesario para a súa escola: animais, diñeiro... e libros cos que construíu unha
inmensa biblioteca, precedente das bibliotecas de Pérgamo e Alexandría. Ao morrer
Alexandro aumentou a persecución contra os partidarios do macedonio e Aristóteles
tivo que refuxiarse en Calcis, onde posuía unha finca herdada da súa nai. Alí morreu o
ano seguinte dunha enfermidade de estómago....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristotele
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristóteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles
  • Aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS