Balneario Mondariz

Páginas: 3 (701 palabras) Publicado: 14 de mayo de 2012
Enrique Peinador Vela (1847-1917) foi o fundador do Balneario de Mondariz. Este adquiriu en 1872 o terreo a cambio de lograr a exclusión do fillo do propietario da leira da Gándara do servizomilitar. No ano 1873 as augas eran declaradas de utilidade pública no Concello de Mondariz despois de ser analizadas, requisito necesario para poder establecer un balneario. Neste mesmo ano, Ramón Peinador,irmán de Enrique Peinador, solicitou os permisos necesarios para a apertura dun balneario.
A empresa dos Peinador en Mondariz adícase a dúas actividades: o balneario e a venda de auga embotellada. OsPeinador souberon aproveitar a posta en marcha do balneario coa chegada do ferrocarril, que vai supoñer un salto cualitativo na empresa termal. A partires desta, nace a primeira casa de baños no ano1880, que contaba con unha zona de aloxamento que se foi desenvolvendo ata pasar a ser o Gran Hotel, inaugurado en 1898.
O crecemento do balneario fomenta a economía da zona. A pesares disto,existía unha disputa entre o Concello de Mondariz e os Peinador. O primeiro defende o carácter público do manancial mentres que os segundos alegan que lles pertence pola Declaración de utilidade pública dasaguas. Esta disputa resólvese, en primeiro lugar, a favor do Concello pero posteriormente pasará a seguir sendo explotada polos irmáns.
Mondariz destaca por ser un destino para un público con poderadquisitivo, xa que os irmáns puideron adaptarse ós cambios que estaban a acontecer en Europa en relación cos balnearios, pasando de ser centros de saúde a centros de lecer. Á importancia do hotelserviu para que se crearan na vila hoteis e hospedaxes para a xente que non podía permitirse pagar os prezos do Gran Hotel.
As instalacións do balneario contaban con diversas estancias, como un gransalón para bailes, cine, teatro, entre outras. O que cabe destacar era a ausencia dun casino, pero as crenzas relixiosas dos explotadores non o permitían. A construción do conxunto remata coa planta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Balneario de mondariz
  • BALNEARIOS
  • Balnearios
  • balneario
  • Balneario de archena
  • Balneario Definicion
  • La cura balnearia
  • El balneario de archena

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS