Imperialismo: fase superior del capitalismo

Páginas: 5 (1006 palabras) Publicado: 21 de noviembre de 2011
Preguntas:

* Que diferenzas existen entre as situacións de monopolio e as de libre competencia?
As principais diferenzas entre as situacións de monopolio e as de libre competencia son que, no caso da libre competencia, é unha situación na que se alcanza un mercado no que existe un elevado número de empresas na industria e un elevado número de consumidores, así como o lanzamento ó mercado,por parte de todas as empresas, dun produto homoxéneo. A non existencia de barreiras de entrada e saída de novas empresas, a non intervención estatal, a existencia de mobilidade perfecta entre os factores de produción, tanto xeográfica como sectorialmente, a maximización dos beneficios periodicamente e finalmente, a disposición de información perfecta sobre as condicións do mercado por parte detodos os axentes, son rasgos tamén moi característicos.
Pola outra banda, nunha situación monopolística, na que existe unha soa empresa e na que o produto ha de ser homoxéneo ( ao mesmo tempo que non existen substitutivos próximos dese produto), existen barreiras de entrada no mencionado mercado, non conta con intervención gobernamental algunha e ademais, conta cunha maior liberdade para axustartanto o prezo como a cantidade producida no seu intento de maximizar beneficios. Ao igual que nunha situación de libre mercado, o monopolista ten pleno coñecemento das condicións do mercado.
Dende o punto de vista da sociedade, o monopolio implica efectos menos desexables que os derivados da libre competencia. Polo xeral, o monopolio repercute nunha menor produción de bens e servizos dos que sederivarían nunha situación de libre competencia, e claro está, con prezos máis elevados. Outra práctica común de monopolio é a discriminación de prezos, que implica o cobro de prezos diferentes para os mesmos bens ou servizos en función de que parte do mercado merque.
* Cal é o novo papel dos bancos do que nos fala Lenin?

A principal función dos bancos é servir de intermediarios para ospagos, pero Lenin establece unha nova función dos mesmos. Se operacións realizadas polo banco como descontar as letras dun empresario, abrirlle unha conta corrente, etc, son cada vez máis frecuentes e importantes, se o banco consigue ter nas súas mans grandes capitais, se as contas correntes dunha empresa permiten ó banco enterarse detallada e completamente da situación económica do cliente, oresultado é unha gran dependencia do capitalista industrial fronte ó banco.
Ao mesmo tempo desenvólvese unha unión persoal, por así dicilo, dos bancos coas grandes empresas, debido á posesión das accións, á entrada dos directores dos bancos nos consellos de vixiancia ou administración das empresas, e viceversa.

* A que se refire Lenin cando fala da “exportación de Capital”?

Con “exportación deCapital”, Lenin refírese ó investimento dese capital en países atrasados. Esta necesidade de exportar capital é provocada polo feito de que nalgúns países, o capitalismo chegou a unha “sobremadurez” e, debido o estado atrasado da agricultura e ó empobrecemento das masas, a utilización deste capital “sobrante” para mellorar o nivel de vida destas masas, traería consigo unha diminución dasganancias dos capitalistas. En conclusión, sería unha inversión nada rentable. Sen embargo, exportando capital a países atrasados, xeraríanse maiores ganancias, pois alí o capital é escaso, o prezo da terra é baixo ao igual que os salarios e as materias primas son baratas.

* Por que a fase na que se atopaba o Capitalismo naquel momento está vinculada co Imperialismo das grandes potencias?

A fasena que se atopaba o Capitalismo, fase de concentración mundial de capital e produción, está vinculada co Imperialismo das grandes potencias pola creación deste Capitalismo dun mercado mundial -debido a que o mercado interno está directamente ligado co mercado externo-. Ao mesmo tempo que a exportación do capital foi en aumento, e a medida que as conexións externas, as conexións coloniais e as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Imperialismo, Fase Superior Al Capitalismo
  • imperialismo fase superior del capitalismo
  • El imperialismo, fase superior del capitalismo
  • El imperialismo, fase superior del capitalismo
  • Imperialismo Fase Superior Del Capitalismo
  • El imperialismo fase superior del capitalismo
  • Resumen de Imperialismo Fase Superior del Capitalismo
  • Ensayo el imperialismo fase superior del capitalismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS