Los gatos

Páginas: 2 (293 palabras) Publicado: 26 de septiembre de 2010
O gato doméstico (Felis silvestris domesticus) oscila normalmente entre os 3 e os 8 kg de peso. Algúns gatos, coma os da raza ragdoll, poden pesar máis de 8 kg. Osgatos domésticos viven uns 15 anos se reciben bos coidados. Non obstante, o gato máis lonxevo documentado viviu 34 anos. Na rúa, suxeitos a presións pola comida, oterritorio e as enfermidades, os gatos non acostuman vivir máis de dous anos.

Os gatos teñen unha gran variedade de pelaxes e cores, aínda que a grandes trazos adoitafacerse a distinción entre razas de pelaxe longa e de pelaxe curta. Como curiosidade, a raza sphinx non ten pelo. A meirande parte de gatos no mundo (99%) son deraza mixta, e o 1% restante son de raza pura [Cómpre referencia]. Algúns destes últimos participan nas innumerábeis exposicións de gatos que se realizan en diversoslugares.

O rabo serve para manter o equilibrio, e pode variar moito en tamaño. Nos gatos da raza manx é inexistente. Os seus dentes e poutas están adaptados ao seuestilo de vida carnívoro.

As femias están preñadas 55 días e paren entre 2 e 6 crías, ás que dan de mamar entre 3 e 4 semanas. Os gatiños nacen cos ollos pechados, easí permanecen os primeros días de vida.

Conforme ao seu tamaño, os gatos ben poden ser o mellor dos depredadores cunha taxa de éxito que rolda o 90%. O gato tenunha arquitectura corporal que lle dá enorme flexibilidade, resistencia e forza. Pode cazar e comer máis de cen especies distintas, e utiliza as técnicas dedepredación dos demais felinos: axexar con paciencia, turrar con rapidez e propinar unha trabada certeira á caluga da presa que lle crebe a medula espinal ou a asfixie.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gatos
  • Gatos
  • Soy gat
  • Gatos
  • Gatos
  • Gato
  • La Gata
  • gatos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS