Micologia

Páginas: 16 (3953 palabras) Publicado: 7 de noviembre de 2011
COGOMELOS

OBXECTIVOS: Determina-los momentos oportunos de colleita de cogomelos e aplica-las técnicas axeitadas de conservación e comercialización.

CONTIDOS CONCEPTUAIS:

1. Aproveitamento micolóxico
2. Definición de fungo, hifas, micelio, e cogomelos
Diferencias entre o reino vexetal e animal co fúnxico
Nutrición dos fungos
a. Simbiose
b. Parasitismo
c. Saprofitismo
Reproducción3. Clasificación
a. Características dos grupos máis importantes
4. Morfoloxía dos fungos que forman cogomelo
5. Recolección e comercialización.
6. Identificación dos distintos xéneros.

U.T.8: COGOMELOS

1.- O APROVEITAMENTO MICOLÓXICO

Considérase ó conxunto de actividades relacionadas coa recolección dos cogomelos que se desenvolven nos distintos sistemas forestais, extraelos domonte e poñelos a disposición da industria e comercio.

Debido ós estudios antropolóxicos e arqueolóxicos, hai moitas probas de que os fungos foron os primeiros alimentos utilizados polo home tanto no paleolítico coma no neolítico, por exemplo en excavacións arqueolóxicas realizadas en Dordoña (Francia) conclúese que 6000 anos a.C., no neolítico, consumíase Fistulina hepatica e algúns Boletus.En España produceuse unha diferente evolución micolóxica desembocando na actualidade na existencia de dúas zonas diferenciadas:

• Rexións micófobas: nunca ou raramente comeron fungos por existir unha serie de tradicións que consideraban ós cogomelos como prexudiciais ou sinxelamente os ignoraban. É o caso de Galicia onde so se consumía Macrolepiota procera, Asturias, Cantabria e León onde so seconsumía Calocybe gambosa e Pleurotus eryngii. En toda Europa os pobos con tradición celta consideranse países micófobos.

• Rexións micófagas: que comen fungos, aprécianos e teñen toda unha cultura e tradición no seu coñecemento. Abarca o País Vasco, Cataluña, Valencia e Baleares, só hai que ver a gran cantidade de cogomelos que teñen o seu nome vulgar en catalán e vasco.

2.- DEFINICIÓN deFUNGO, HIFAS, MICELIO, e COGOMELOS
Un fungo é unha estrutura uni ou pluricelular. As células que conforman esta estrutura colócanse en forma lineal, formando fíos. Estes fíos reciben o nome de hifas.
As hifas conforman o verdadeiro corpo do fungo e estrutúranse en forma de madeixa de lá formando o micelio.
O micelio composto polas hifas acabará producindo cogomelos en condiciónsfavorables.
O cogomelo, corpo fructifero ou carpóforo (parte visible do fungo) é a estrutura encargada de formar e gardar as esporas ata que estean maduros no seu tecido fértil chamado himenio, situado baixo o sombreiro.

3.- DIFERENCIAS ENTRE O REINO VEXETAL E ANIMAL CO FÚNXICO

Se comparásemos o corpo dun fungo co dunha planta, o micelio sería o tronco e as polas, e os cogomelos serían os froitosque producen e gardan as sementes ata que maduran para reproducir a planta nai.

A diferencia principal que separa o reino Vexetal do reino Fúnxico é que os fungos son estruturas celulares carentes de clorofila, mentres que as plantas teñen esta molécula presente nas súas células, son autótrofas, é dicir, as plantas absorben os minerais do solo e a auga polas raíces, estes elementos sontransportados ata as follas onde a molécula de clorofila absorbe a enerxía transmitida polo sol e fixa o dióxido de carbono (CO2) convertendo os elementos iniciais en hidratos de carbono, azucres, e liberando osíxeno como subproducto.

A diferencia entre o reino animal e o Fúnxico é que estes últimos "non tragan".
Os fungos son seres heterótrofos, é dicir, precisan seguir distintas estratexiasde vida para obte-los hidratos de carbono (azucres) e outras sustancias necesarias a partires dun substrato, xa que por si mesmos non son capaces de sintetizalas. O fungo saprófito, por exemplo, introduce as súas hifas nas células mortas da materia que se está a descompoñer e absorbe o seu contido. Neste caso o fungo non supón un mal para a planta xa que vai entrar no momento que estea morta....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Micologia
  • micologia
  • micologia
  • micologia
  • Micologia
  • Micologia
  • Micologia
  • Micologia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS