Neumatica basica

Páginas: 6 (1360 palabras) Publicado: 25 de abril de 2010
Dpto de Tecnoloxía

NEUMÁTICA/HIDRÁULICA: teoría básica
CONCEPTO Ramas da Ciencia e da Tecnoloxía que estudia os fluídos e o seu uso para aproveitar a enerxía que poden acumular e empregala no movemento de mecanismos principalmente. No caso de empregar como fluído aire comprimido falamos de Neumática, se o fluído e un aceite ou auga, falamos de Hidráulica. APLICACIÓNS O número de posiblesaplicacións que ten a Neumática e a Hidráulica e amplísimo. En calquera actividade industrial onde se precise automatización e moi probable atopar instalacións neumáticas/hidráulicas, por exemplo na industria do automobil, na construcción, industria textil, robótica, alimentación... Tamén en actividades cotidianas como nas portas dos autobuses, nas grúas ou no torno do dentista. A PRESIÓN. UNIDADES Apresión que exerce un fluído sobre as paredes do recipiente que o contén ven dada pola forza que exerce o fluído perpendicularmente sobre a superficie da parede, é dicir: P=F/S Onde P= presión en Pascais (Pa) F= forza en Newtons (N) S= superficie en m2 As unidades de Presión no Sistema Internacional (SI) é o Pascal, é dicir, N/m2. Pódese expresar a Presión noutras unidades, as correspondencias sonas seguintes 1 atmósfera (1atm) = 101325 Pa 1 atmósfera = 1,033 Kp/cm2 1 atmósfera = 1,0,13 bares (bar) 1 atmósfera = 760mm Hg

Dpto de Tecnoloxía

CIRCUITOS NEUMÁTICOS Empregan como fluído o aire que está composto por un 78% de N2 e un 21% de O2 , o resto son gases nobres ( Ar, He, ...), CO2 , CH4 , H2O ... Un circuito neumático está composto polos seguintes compoñentes, puidendo variar enfunción da complexidade do mesmo: Grupo compresor Tuberías Elementos de distribución Actuadores neumáticos Elementos auxiliares

● ● ● ● ●

Imaxe obtida da páxina www.tecnologiaindustrial.info

O aire que se emprega no circuito obtémolo directamente da atmósfera polo que debemos collelo o máis limpo posible para evitar que leve partículas. O primeiro que debemos facer é comprimir o aire parapoder obter posteriormente esa enerxía acumulada na compresión. Empregamos para elo os compresores.

Dpto de Tecnoloxía

O compresor
O compresor é a máquina que se encarga de recoller aire a presión atmósférica e elevala ata uns valores que sexan axeitados para o traballo, por exemplo 8 atm. Poden ser : volumétricos ou dinámicos Volumétricos: son aqueles que comprimen o aire ao reducir ovolume de aire. Poden ser
● ●

Alternativos ou de émbolos Rotativos ou centrífugos (de tornillos ou de álabes) Compresor de émbolos Existen de múltiples tamaños e caudais, o funcionamento é similar ao dun motor de

combustión, o aire entra pola válvula de admisión, o pistón comprime o aire, ábrese a válvula de escape e acumúlase nun depósito. O ciclo repítese ata acadar no depósito a presiónrequerida.

Compresores rotativos Este tipo de compresores impulsan y comprimen o aire cunhas rodas de paletas ou álabes rotatorios dispostos arredor dun eixe. Entre as paredes do compresor e as paletas vaise reducindo o volume e polo tanto aumentando a presión do aire.

Dpto de Tecnoloxía

Imaxe obtida de www.kalipedia.com Dinámicos: consiguen elevar a presión do aire aumentando a súavelocidade cunhas paletas o impulsalo por distintas cámaras. Chámanse tamén Turbocompresores.

O refrixerador
Cando o aire se comprime aumenta a súa temperatura polo que cómpre enfrialo para que acade temperaturas da orde de 25ºC. Ademáis consíguese reducir a cantidade de auga que ten a auga. Esta función levaa a cabo o refrixerador que pode ser un serpentín por onde circula auga fría.

O depósitoUnha vez que o aire está comprimido, limpo e seco, convén almacenalo nun depósito a unha presión de traballo determinada para garantir un caudal de aire constante sen necesidade de ter encendido o compresor constantemente.

Unidade de mantemento
Consta dun Filtro, un Regulador e un Lubricador.

Dpto de Tecnoloxía

O filtro elimina partículas sólidas ou líquidas do aire por centrifugado,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Neumática Basica
  • neumatica basica
  • Neumatica Basica
  • neumativa basica
  • neumatica basica
  • Neumatica Basica
  • Implementacion de circuitos basicos neumaticos
  • Sistema Neumatico Basico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS