pautas

Páginas: 5 (1047 palabras) Publicado: 24 de febrero de 2014
COMENTARIO DE TEXTOS HISTÓRICOS

1. Algunhas pautas xerais.
Antes de nada, recomendase a lectura atenta e subliñado dos seus puntos máis significativos. Deben facerse dúas ou máis lecturas para separar o principal do secundario e marcar as liñas mestras do documento.
Resulta moi útil numerar as liñas (como máximo de cinco en cinco) para saber en que lugar concreto se atopan as ideas quequeremos destacar ou repetir no curso do noso comentario.
O comentario de textos históricos non é unha simple improvisación. Necesítase unha preparación, uns coñecementos sobre o tema e un método. É máis probable que, si se coñece a época pero non o método de análise, se obteñan mellores resultados que á inversa. Por iso é necesario a información histórica obtida do manual e dos instrumentos deconsulta que recomende o profesor.
En canto á forma expositiva, debe ser ordenada e clara, con linguaxe sinxela, evitando as opinións persoais (“eu creo...”, “opino que...”). Interésanos observar que coñeces a época da que falas, non o teu criterio persoal. Por iso, recoméndase o uso de expresións impersonais, “como se pode deducir...”, “afirmase que...”; ou o plural, que impersonaliza aínda quecompromete na afirmación: “consideramos que...”, “podemos concluír...”.
Debe evitarse o erro de parafrasear o texto, é dicir, repetir con outras palabras as ideas do documento.

2. A análise e explicación do texto.
Caben varios métodos que adoitan agruparse en tres variantes:
- Método lineal, literal ou progresivo, é o que segue a orde do texto. Pode resultar o máis fácil, pero non é o máisrecomendable. É aconsellable nos textos legais articulados.
- Método lóxico, é o que considera as ideas do texto, as clasifíca en fundamentais e secundarias, agrúpaas e logo coméntaas. Aínda que é máis complexo, é aconsejable polas súas posibilidades de ordenación de ideas e por desenvolver a capacidade de sistematización.
- Método mixto, participa dos dous anteriores, reagrupando as ideas principaise realizando un comentario lineal de cada unha delas.
Convén ter en conta, con todo, que cada texto ten unha individualidade e que por iso é conveniente axustar o método de análise e explicación a cada caso e optar polo que creamos máis conveniente.

3. Esquema de comentario de texto.
A. Natureza e circunstancias do texto.
A. 1. Determinación da natureza do texto.
Os documentos escritospoden clasificarse pola súa:
- Forma. Poden ser textos informativos ou narrativos. Os primeiros son máis impersonales e teñen unha linguaxe máis precisa, mentres os segundos utilizan unha linguaxe máis literaria e son máis subxetivos. Son textos informativos as crónicas, memorias, diarios, informes, tratados..., e o son narrativos os relatos, lendas, autobiografías, xestas...
- Contido. Poden ser deteoría política, de economía, de aspectos culturais, de tema social...
- Orixe. Poden clasificarse en fontes primarias, que son os documentos da época; secundarias, como son os textos historiográficos, extraídos de obras de historiadores máis ou menos actuais, e textos hemerográficos ou de prensa, tanto actual como coetánea dos feitos analizados. Cando se trata deste último caso, o textoxornalísticos convértese en fonte primaria.

A. 2. As circunstancias históricas.
Unha vez clasificado o texto, debe procederse a situalo no tempo e o espazo. Para iso debemos contar coa maior información posible, que nos poden proporcionar a bibliografía e as obras auxiliares (dicionarios, atlas, cronoloxía). Debemos sinalar os seguintes aspectos:
- O momento histórico. Trátase de facer un brevepanorama da época. Para iso falaremos das circunstancias nas que xorde o documento, os carácteres da época e os personaxes que a protagonizan. Se o texto fala dunha época anterior, hanse de situar os dous momentos históricos: o narrado no texto e o da época en que se escribe o texto. No caso (bastante probable este curso) de que un texto non vaia datado, deberemos recorrer aos elementos que contén...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Pauta
  • Pauta
  • Pauta
  • pautas
  • Pautas
  • pauta
  • Pautas
  • Pautas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS