Psicología social

Páginas: 5 (1130 palabras) Publicado: 15 de diciembre de 2010
ÍNDICE:

• Que é a interacción social?

• Onde está a clave para que a desconfianza non se transforme en sospeita?
____________________________________________________________

_______________
Que é a interacción social?
Todos os días, e sen darnos conta, intercambiamos miradas rápidas con persoas que nin sequera coñecemos. Aínda que ata o da agora non nos decataramos, isto é o que secoñece como interacción social. É dicir, a relación entre os seres humanos.
Para falar de interacción social, é necesario comezar falando de percepción.
En termos xerais, podemos definir a percepción como a selección e codificación de certa información que nos chega do exterior. A percepción vai máis alá, tamén é a encargada de elaborar predicións sobre acontecementos futuros. Neste contexto xainflúen as crenzas e os valores do suxeito.
Hai que dicir tamén que as persoas non nos quedamos satisfeitas só co que percibimos visualmente do exterior senón que buscamos un porqué ao comportamento dos demais.
É fundamental, á hora de percibir, inferir nas causas que fan que a conduta dunha persoa sexa como é, e, desta maneira, acelerar o proceso de cognición social.
Ligado a isto, debemos falardas atribucións causais posto que grazas a elas conseguimos superar as primeiras percepcións e impresións, e, deste xeito, comprender de maneira máis profunda e complexa ós demais.
Antropoloxicamente dise que a comunicación entre individuos fai posible dúas cousas moi importantes: que unha comunidade humana continúe existindo e que se desenvolvan os sistemas sociais.
Soamente a través dacomunicación se establecen as relacións sociais e a interacción interindividual no marco dunha estrutura social. De ningunha maneira se concibe interacción social sen comunicación nin tampouco ó revés. Pódese dicir entón que, a unión entre comunicación e interacción é ao mesmo tempo medio e resultado final.
Para o ser humano, a comunicación é algo necesario. Noutras palabras, é unha necesidade básicaque temos que cubrir diariamente.
Foron moitas as teorías que se crearon para dar resposta a porqué se comunica o ser humano,e, aínda así, non existe ningunha que se poda tomar como exclusiva xa que todas esas teorías, por si solas, non son capaces de argumentar as razóns da comunicación de forma universal na especie humana.
Expoño, a continuación, un breve resumo dalgunhas das teoríasanteriormente citadas:
Pulsión explorativa: Explicase a comunicación como unha necesidade innata do home basada na súa tendencia natural de explorador.
Redución da incertidume: Ó afán que ten o home de saber prodúcelle, a maior parte das veces, situacións de incertidume. A única maneira de reducir eses estados é mediante a comunicación.
Conflito cognitivo: Prodúcese unha tensión interna cando se recibeninformacións contraditorias acerca dun mesmo obxeto, o cal conleva a un malestar intelectual que tende a ser reducido por medio da comunicación interpersoal.
Comunicación con similares: As persoas adoitan comunicarse con outras semellantes, é dicir, que compartan resgos en común coma por exemplo a lingua.
Comunicación e desexo de poder: A comunicación posúe gran capacidade para influír nosdemais. No tocante ó ámbito persoal, sentirse dono da situación produce seguridade nun mesmo.
Comunicación e extroversión: A interacción comunicativa vese como unha necesidade de aliviar a ansiedade que produce a rutina ou o aislamento.
Todas estas teorías valen para explicar as causas de interaccións comunicativas particulares.
Ó comunicarnos, podemos expresar os nosos sentimentos, tanto de maneiradirecta como indirecta. A expresión indirecta dos sentimentos caracterízase por non aceptar totalmente o feito de sentir. O sentimento pódese comunicar de maneira ambigua, e deixase aberta a posibilidade de que a outra persoa lle poda dar diferentes interpretacións.
Por outra banda, para mostrar os nosos sentimentos de maneira directa debemos formular os enunciados en presente e intentando...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Diferencia entre Psicología y Psicología Social
  • psicología de la educación : psicologia social
  • Diferencias entre Psicología y Psicología Social
  • La psicologia social
  • Psicologia social
  • Psicologia social
  • Psicología Social
  • Psicología Social

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS