Psicologia

Páginas: 17 (4024 palabras) Publicado: 30 de noviembre de 2010
Actividad e práctica

Tema 1

Tania García
Patricia Iglesias
David Herrero
María García

ACTIVIDADES DE PSICOLOXÍA

1. Seguindo os catro principais procesos de desenvolvemento
(físico-psicomotriz, cognitivo, lingüístico e social-afectivo-emocional) clasifica e xustifica as seguintes habilidades ou destrezas que adquiren as criaturas na etapa da educación infantil.

1. Camiña por sísoa:
Físico-psicomotriz por que está relacionado cos músculos e é un segmento corporal amplo, que pertence a motricidade grosa.
O desenvolvemento motor groso refírese ao control sobre accións musculares máis globais, como gatear e neste caso como andar.

2. Cando lle preguntamos por unha palabra longa di “corda“:
Lingüístico por que está relacionado coa linguaxe verbal. As primeiraspalabras que fan as criaturas diferéncianse sobre todo polo significa subxacente.

3. Cepilla os dentes:
Físico-psicomotriz por que está relacionada cos músculos e é unha destreza das mans e dos dedos, que pertence a motricidade fina.
As habilidades motoras finas implican músculos máis pequenos cos da motricidade grosa, coma por exemplo neste caso os dedos do neno. Ao ter o control dos músculosmáis pequenos os nenos poden depender por eles mesmos nalgúns casos para facer cousas por sí mesmos.

4. Chama “Gua-Gua“a todos os animais:
Lingüístico por que é unha linguaxe verbal e é un erro a nivel semántico que cometen os nenos máis pequenos. Chaman por exemplo “Gua-Gua” a todos os animais que teñen catro patas e orellas. Campo semántico.

5. Chora cando o sei pai a deixa na escola:Social-afectivo-emocional por que está relacionado cun vínculo afectivo. O apego trátase da nosa primeira emoción interpersoal ao ser nenos, é a á duradeira e segue permanecendo ao longo de toda a nosa vida. Cando o pai deixa a nena na escola, a nena ten unha ansiedade moderada ante ver que se separa da persoa que lle ten máis apego coma neste caso é o sei pai.

6. Comparte os seus xoguetes:Social-afectivo-emocional por que está relacionado cun vínculo afectivo con outras persoas. Comparte os xoguetes nun espazo común con todos os nenos, pero sen irse do sitio, xa que en calquer momento o neno fará uso deles coma os demais. Establece unha relación de compañerismo co resto de criaturas.

7. Coñece as partes do seu corpo:
Físico-psicomotriz por que son capacidades relacionadas cossegmentos corporais: coñecemento do corpo e a identidade coma persoa.
Co tempo van definindo o seu esquema corporal, é que van localizando neles mesmos as partes que forman o seu corpo e tamén as diversas partes do corpo das demais persoas.

8. Corre a pata coxa:
Físico-psicomotriz por que está relacionado cos músculos e é un segmento corporal amplo (motricidade grosa). É da mesma categoría quea primeira de camiña por si soa, ao andar a pata coxa o neno xa ten un mellor dominio do que son os seus músculos grandes coma as pernas e maior equilibrio.

9. Corta seguindo unha liña: Físico-psicomotriz por que está relacionado cos músculos xa que é un desenvolvemento que está vinculado á motricidade do neno, concretamente ao seu control corporal. O desenvolvemento motor da criatura dependeda maduración física da mesma .Esta maduración ten varios apartados, pero neste caso o importante é a motricidade grosa e fina, concretamente a fina, que é a que permite que se desenvolvan os músculos máis pequenos do corpo. Así, a criatura poderá realizar accións como alcanzar, asir ou aplaudir.
10. Descríbese como alto, guapo e que lle gusta ler: Social-afectivo-emocional por que estárelacionado co coñecemento de si mesmo. Corresponde ao desenvolvemento na segunda infancia. Nesta etapa a criatura comeza a construír a súa identidade persoal e acada os termos de autoconcepto e autoestima. Esta última é a que permite a autovaloración, así, o neno pode facerse preguntas como que penso de min ou como me valoro. Nesta idade a autovaloración soe ser positiva xa que os principais factores...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • psicología de la psicologia
  • Psicologia o psicologias
  • Psicologías, Psicología
  • Psicologia
  • Psicologia
  • Psicologia
  • Psicologia
  • Psicologia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS