Recención la micropolítica de la escuela. hacia una teoría de la organización escolar

Páginas: 13 (3006 palabras) Publicado: 16 de marzo de 2011
DATOS DA OBRA

Autor: Stephen J. Ball
Título: La micropolítica de la escuela. Hacia una teoría de la organización escolar
Editorial: Paidós - MEC
Data e lugar de publicación: Barcelona, 1989
Número de páxinas: 301




SÍNTESE

As escolas son un mundo complexo, unha micro sociedade onde se producen diversos fenómenos que precisan ser dirixidos dalgún modo. Nesta obra o autorpreséntanos moitos das situacións que se producen nos centros e que desde fora non se ven. A maiores das reunións e dos actos formais, tamén se nos presentan neste texto a importancia do xeito de ser e de actuar de cada individuo, das súas emocións...Con todo isto introdúcenos no mundo da micropolítica dos centros educativos deste unha perspectiva moi moderna, enfocándoo todo dun xeito moi humano,dándolle maior importancia ás persoas que ás estruturas xerárquicas.

RESUMO

No primeiro capítulo titulado ``Ortodoxia y alternativa´´ o autor comeza a describir, definir e contextualizar o que sería todo o relativo á organización escolar, concretamente á micropolítica da escola. Nesta parte introductoria descríbense as dificultades á hora de estudiar este campo xa que hai diversos autores ediversos puntos de vista diferentes; aínda así, Ball logra ir recollendo un pouco de cada un para intentar explicar este fenómeno da micropolítica escolar do mellor xeito posible. Para isto, o autor apoiase nunha serie de conceptos clave que axudaran a esquematizar o seu estudo nunha serie de partes que serían: control, diversidade de metas, ideoloxía e conflitos.
Cando o autor refírese a control faladel dun modo xeral, falando das distintas formas de control que se poden presentar nun centro escolar, xa que como se menciona no texto, este pode ser dirixido como unha especie de réxime militar, dun modo democrático e ata de modo oligárquico; aínda que o realmente importante destacado polo autor, son los límites de este control, límites que se crean a partir de conflitos entre os individuos.
Adiversidade de metas da que aquí se nos fala, engloba ós problemas e ``roces´´ que se poden crear nunha sociedade educativa entre os seus diferentes membros segundo os seus fins persoais que debido a isto pódense crear problemas derivados da falta de coordinación existente entre as persoas e as súas metas. En relación con isto atopamos a ideoloxía que se pode resumir como a parte na que se apoiao contido das políticas escolares e que axuda a toma-las decisións de elas. Esta ideoloxía é outro punto que xunto a diversidade de metas pode levar a conflitos, conflitos que fan que a ensinanza este activa, xa que mediante o consenso e/ou a discusión, pódense resolver cuestións de gran importancia na ensinanza. Isto queda recollido na parte de conflitos, estes problemas que son os que conformana verdadeira micropolítica da escola, sen eles non se poderían tomar decisóns correctas e adecuadas para o funcionamento do centro e o establecemento dos límites que separan o poder do control, dándolle a cada un o seu lugar. Na parte final do capítulo, faise unha presentación de como vai a ser o resto da obra que será estudada a través de datos que Ball define como ideas, experiencias,significados e interpretacións dos actores sociais involucrados. Así, mediante estes puntos, continuará facendo o estudo esquematizado do campo da micropolítica.

No seguinte capítulo desta obra o autor realiza un estudo en xeral sobre o cambio nos centros educativos e a importancia do mesmo xa que sen cambio non se podería avanzar nin no relativo ó currículo nin o propiamente ligado á organizaciónescolar.
Para plantexar esta cuestión da innovación, Ball emprega como exemplo o caso dunha escola inglesa que cambia de sistema a un chamado ``escola comprensiva´´. Este termo baséase nun sistema de aptitudes mixtas co cal se pretende que nas aulas existan alumnos con diferentes aptitudes. O director desde un primeiro momento sempre tivo presente a existencia de certos límites para levar a cabo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teorias sobre la organizacion escolar
  • Teorias De La Organización Escolar
  • La escuela de la teoria de la organizacion
  • La Escuela Teoría De La Organización
  • ESCUELA TEORIA DE LA ORGANIZACION
  • Escuela De La Teoría De La Organizacion
  • Evolución de la teoría de la organización. escuelas y otras teorías
  • La Organización Del Trabajo Escolar Organización Y Funcionamiento De La Escuela

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS