RESUMEN PEDAGOGÍAS DEL S.XX

Páginas: 12 (2888 palabras) Publicado: 25 de abril de 2013
No transcurso do século XX a pedagoxía renovouse radicalmente como saber e, o mesmo tempo impúxose como unha práctica social cada vez máis centralizada, articulada e difusa. Renovación e expansión da pedagoxía foron dous fenómenos que chegaron mediante o empuxe da nova sociedade de masas, que se afirmou no século XX, xa fose na súa versión democrática ou na totalitaria e, que confiren unhaforma difusa ós procesos educativos en toda a sociedade; pero chegou tamén mediante o impulso da ciencia e a técnica, que nunha sociedade como aquela convertéronse en formas de coñecemento e de actividade cada vez mais centralizadas e dominantes, transformando os coñecementos, as diferentes prácticas sociais, a mesma vida cotiá.
A continuación irei expoñendo as ideas principais de cada un dosdiferentes autores que aparecen neste libro e que son considerados como os máis importantes deste campo do século XX.

MARÍA MONTESSORI
Formouse en Roma, onde se graduou en menciña. Seguiu ademais as leccións de psicoloxía e de pedagoxía de mestres como Sergi, Lambroso e De Giovanni, todos profundamente vinculados ó clima cultural positivista. Dedicouse á difusión das súas doutrinas portodo o mundo, pero tiveron máis influencia no exterior que en Italia. Tamén ten influencias pedagóxicas do individualismo de Rousseau, a educación sensorial de Pestalozzi, a educación das facultades de Herbart e a autoactividade de Froebel.
Na base do “método Montessori” xace un estudo experimental da natureza do neno, que fai énfase, en particular, nas actividades sensoriais e as impresións e eneducación a autoactividade do neno, que se desenvolven tanto a través dos “exercicios da vida práctica” como a través dun material didáctico organizado. O neno debe desenvolver libremente as propias actividades para madurar todas as súas capacidades e engadir tamén un comportamento responsable, pero tal liberdade, para a Montessori, non debe ser confundida coa espontaneidade.
No seupensamento prima que a educación débese lograr pola actividade propia do suxeito que se educa; polo que se require unha maior liberdade do alumno para satisfacer os estímulos destes.
F. FERRER I GUÀRDIA
Este autor co seu pensamento librepensador e libertario as súas ideas educativas básicas na Escola Moderna do século XX. Para el a ensinanza debe ser científica e racional que non esteasuxeita ós imperativos da relixión e do Estado.
A educación tanto de homes como de mulleres era unha peza clave do debate público. A educación non estaba establecida para minorías e non era cousa de minorías. Neste contexto é onde se sitúan as ideas pedagóxicas de Ferrer i Guàrdia. Este consideraba que a educación popular era un problema político: as clases dirixentes tiñan a clavedo seu poder hexemónico no control da educación. A educación non debe basearse nos prexuízos militaristas e chovinistas nin en dogmas relixiosos, senón que debe ter de referencia os desenvolvementos da ciencia positiva. Ferrer aposta por unha ensinanza científica e racional. Tamén aposta por unha educación en réxime de coeducación das clases de educación, onde todos logren o obxectivo dunha escola“boa, necesaria e reparadora”.

JOHN DEWEY
A reflexión pedagóxica acompañou toda produción deweyana, nun campo filosófico, epistemolóxico, político, etc. E dirixiuse co mesmo empeño, tanto cara a construción dunha rigorosa filosofía da educación, como cara a elaboración dun eficaz proxecto operativo radicalmente innovador no campo escolar e no didáctico.
No xeral, apedagoxía de Dewey caracterízase: como inspirada no pragmatismo e polo tanto nun permanente contacto do momento teórico co práctico; como estreitamente enlazada coas buscas das ciencias experimentais, ás cales a educación debe recorrer para definir correctamente os propios problemas; e como comprometida a construír unha filosofía da educación que asuma un papel bastante importante tamén no campo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Pedagogia En El S.Xx
  • Pedagogia Resumen
  • resumen de pedagogia
  • Resumen pedagogia
  • Resumen musica s.xx rusos y norteamericanos
  • Resumen "Pedagogia" Immanuel Kant
  • EPISTEMOLOGÍA Y PEDAGOGÍA DE GÉNERO (Resumen)
  • Resumen pedagogía de la autonomía

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS