Sistemas de control, ejericios

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 13 (3057 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 11 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Exercicios de sistemas de control

O regulador. Características do regulador de acción proporcional.
O regulador é o dispositivo encargado de mellorar as respostas dun sistema de control xa que o sinal que procede do comparador nun sitema de lazo pechado non provoca unha desposta inmediata do sistema, senón que hai un certo atraso para conseguir acadar de novo a estabilidade.
Un reguladorproporcional(P) consegue un compromiso entre a resposta dun sistema en réxime transitorio e no permanente, o que fai é ampliar a ganancia dun amplificador. O que vai facer é reducir as oscilacións do réxime transistorio. Cando usamos un regulador P, o sistema responde con maior rapidez pero tarda máis tempo en estabilizarse. Nun control deste tipo, prodúcense sempre unha diferencia entre o punto dereferencia e a resposta do sistema; isto denomínase OFFSET. Se hai perturbacións no sistema o valor do OFFSET aumenta.

Describe os distintos elementos que constitúen un sistema de control, explicando a función de cada un deles.
1. Sinal de mando : é o sinal de entrada, o sinal excitador do sistema (o sinal que desexamos)
2. Sinal controlado: é o sinal de saída, a desposta que proporcionao sistema de control (o sinal que temos)
3. Sinal de referencia: sinal que se calibra en función do sinal de entrada.
4. Sinal activo: é o sinal de erro, é decir, a diferenza entre os valores de entrada e de saída; actúa sobre os elementos de control no sentido de reducirse a cero e levar a saída ao seu valor correcto.
5. Sinal manipulado: é un sinal modificado ao pasar poloamplificador ou polo regulador.
6. Sinal realimentado: é o que volve ao comparador nuns sistema de control de lazo pechado desde o sinal de saída e recollido polo captador para ser confrontado co sinal de referencia e constituír así o sinal activo.
7. Transdutor: dispositivo que modifica ou transforma a naturaza do sinal de entrada noutro sinal que poida entender o sistema de control (os máis usuaisson os sinais de referencia: pneumáticos ou eléctricos)
Ademais dos elementos anteriores nun sistema de control de lazo pechado teremos:
8. Comparador: compara o sinal de referencia co sinal realimentado; a diferenza entre eles é o sinal de erro (o sinal activo) que é o que entra no controlador.
9. Captador: dispositivo que mide o sinal controlado e que o transforma nun sinal que poidaentender o sistema de control (sinal realimentado), é un tipo de transdutor colocado na realimentación do sistema.
10. Regulador/ controlador: é o cerebro do sistema de control. Actúa sobre o sinal manipulado, en función do sinal de referencia ou para corrixir os efectos das perturbacións coa máxima rapidez, a máxima exactitude e o mínimo de oscilacións posibles. O transdutor e o captador fan amesma función dentro dun sistema de control; diferéncianse pola posición que teñen dentro de sistema de control de lazo pechado.

Actuadores. Tipos.
O actuador é un dispositivo encargado de actuar sobre o proceso despois de recibir a orde do regulador ou do comparador.
-Amplificador: é de tipo electrónico.
-Motores lineais e paso a paso: é de tipo eléctrico (transforma unha información dixital enmovementos mecánicos proporcionais).
-Amplificador: de tipo dinámico rotativo.
-Amplificador, electroválvula, servoválvula: son de tipo pneumático ou hidráulico (regulan o caudal de un fluído).

As lóxicas “fuzzy” formúlanse dende unha certa ambigüidade no principio de contradicción. Aplicadas á tecnoloxía dos sistemas de control pretenden ou permiten:
a) Conseguir autómatas de respostasmáis rápidas
b) Desenvolver produtos de respostas máis parecidas ás humanas
c) Aforrar calquera tipo de controlador
d) Permitir a programación nunha linguaxe estándar
Xustifica en dúas liñas máximo.
A resposta correcta é a de desenvolver produtos de resposta máis parecidas ás humanas xa que nos baseamos as nosas respostas en impresións pouco precisas como fai calor quito a chaqueta,...
tracking img