Texto V, El Menón

Páginas: 7 (1731 palabras) Publicado: 31 de diciembre de 2014
COMPOSICIÓN FILOSÓFICA
A filosofía platónica marcou un punto de inflexión na historia da filosofía grega e foi unha importante referencia ao longo de toda a historia do pensamento de occidente.
O contexto da filosofía platónica conformao os últimos anos do século V e principios do IV a.C, pero as raíces do problema que o autor expón neste texto remóntase a uns séculos antes, no momento no quese produce o nacemento da filosofía, ou o que é o mesmo, ó paso do mito ao logos.
A filosofía pois, ainda enraízada no mito, parece ser unha creación orixinal do pobo grego: o seu rexeitamento do sobrenatural, do máxico, da amvibalencia, foron os signos dunha racionalidade que dificilmente podemos atopar noutras formas de pensamento.
Cando distintas tribus e estirpes chegaron a Grecia entre oXVIII e o XV a.C, e se atoparon coa súa complicada orografía, asentáronse e deron orixe a pequenos pobos. O terreo montañososo de Grecia e as súas limitadas chairas e vales fomentou a formación de múltiples estados pequenos en lugar duns poucos de maior tamaño.
Ca chegada do auxe económico orixinado polo comercio fundamentalmente, a cidade expándese, o que supón o advenimento do cidadán, eparalelamente a éste o nacemento e desenvolvemento da filosofía alá polo século VII a.C.
A inexistencia dunha casta sacerdotal en Grecia, dadas as características especiais da súa relixión (politeísmo), elimina a posibilidade de instaurar un dogma de fe. O sabio que é á vez adiviño, poeta, profeta...divulga os seús coñecementos: o ensino aquí opónse a iniciación exotérica nunha doutrina. Oscoñecementos divúlganse desembarazandose da figura de mago.
Os primeiros filósofos ocupáronse preferentemente do estudo da natureza. Formaron escolas como a “Escola de Mileto”, que xa defendía a idea de que primeira causa do real (arché) é eterna, tal e como defenderá Platón; mais ca expansión da cidade, o saber é trasladado á praza, e en plena ágora, é obxecto dun debate público onde a argumentecióndialéctica terminará por predominar. Será neste contexto onde se enfrontarán a teoría sofista do relativismo gnosolóxico, criticado por Platón neste texto, e moral, e o pensamento socrático, que ía na procura dunha definición univesal.
Pero o conflito entre os sofistas e Socrates íría máis aló que o simple debate das ideas filosóficas; supoñía un trascendental debate sobre os valores que debíanimperar en Atenas de principios do século IV a.C, xa que trala derrota ante Esparta nas guerras do Peloponeso, ó dobregarse Atenas ante a oligarquía dos Trinta Tiranos dirixida por nobres contrarios á democracia, ésta viuse alterada; e convertiuse nunha democracía corrupta e decadente, na que as ideas socráticas de ben e virtude, non serán ben recibidas fronte ó relativismo sofista, levando aopropio Socrates a ser condeado a beber cicuta.
Profundamente impresionado pola execución do seu mestre, Platón afastouse da cidade e iniciou longas viaxes, que lle levaron ata Exipto e tal vez, ata outros países de Oriente. En Sicilia recibiu a influencia dos pitagóricos como se verá con posterioridade ó quedares reflectido neste texto. As súas ideas políticas levarano a considerar a necesidade dareeducación da xuventude ateniense para acabar coa corrupción ética e política, e funda así a Academia no ano 387 a.C, un centro dirixido a formar sabios que puidesen adicarse á política, no cal ensinaba aos seus discípulos sen cobralles nada.
Será xusto despois de fundar a academia, escola de inspiración pitagórica, cando Platón desenvolverá a súa filosofía: unha filosofía que rexeita dúascorrentes; a dos fisiólogos por considerar que a primeira causa do real é material, e a dos sofistas polo seu relativismo; un dobre enfrontamento, que lle fai plantexarse o problema do coñecemento, tema que expón neste fragmento do Menón, escrito nesa etapa chamada de transición, que o leva a súa vez, á elaboración da teoría da reminiscencia, e que se desenvolve por partes, que coinciden coas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Platon comentario de texto menon
  • text V. Gambón
  • Menón
  • Menon
  • menon
  • Menón
  • Menón
  • El menon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS