O galego durante a ditadura franquista (1936-1975)

Páginas: 33 (8047 palabras) Publicado: 26 de febrero de 2011
O GALEGO DURANTE A DITADURA FRANQUISTA (1936-1975)



ÍNDICE
-Contexto histórico europeo
-Contexto histórico español
-O primeiro terzo do século XX en Galicia
·A lingua galega, situación sociolingüística
·O galeguismo político, onacionalismo
-1ª etapa: 1936- finais dos anos cincuenta
.Lexislación e Censura
·Ámbito cultural
·A Galiza da diáspora
·Conflitos entre interior e exterior
·A Galicia de interior, situación sociolingüística
·Denuncia perante a UNESCO
-2ª etapa: comezos dos anos 60-1975
·Apertura cultural
·O Día das Letras Galegas
·A Igrexa
·A Universidade
·A Real Academia Galega
·Anos setenta: diferentesdiscursos lingüísticos
·Decretos promulgados
·Visión sociolingüística
-Características lingüísticas
-A represión lingüística na literatura
-Bibliografía:
·Libro de texto
· “A represión lingüística en Galiza no século XX” de María Pilar Freitas
·www.historiasiglo20.org
·http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/
·http://www.xunta.es/linguagalega/historia_da_linguaContexto histórico europeo
A situación do resto de Europa durante o franquismo non foi máis tranquila que a situación en España. Cando comeza a Guerra civil en España, Europa atravesa o período de entreguerras, un momento de fortes tensións que acaban na Segunda Guerra Mundial, ata o momento o maior e más sanguento conflito armado no que se enfrontaron as Potencias Aliadas(Polonia, Francia, ReinoUnido, Estados Unidos, Holanda, Bélxica… ) e as Potencias do Eixo(Alemaña, Italia, Xapón, Romanía, Bulgaria e Hungría). Iniciouse coa invasión de Polonia por parte de Alemaña en 1939 e nela participaron máis de 70 países e morreron uns 60 millóns de persoas. Rematou en 1945 co rendemento das tropas alemás, dando comezo á guerra fría entre Estados Unidos e a URSS, enfrontamento no que non se tomaronaccións directas contra o inimigo, de alí o seu nome, pero no que cada potencia intentou implantar o seu modelo político e económico(o capitalismo e o comunismo respectivamente) e que marcou de forma importante a historia da segunda metade do século. Rematou entre 1985 (inicio de Perestroika) e 1991 (golpe de estado e caída da URSS).

Contexto histórico español
O inicio da Guerra civil en Españasitúase no 17 de Xullo de 1936, cun falido golpe de Estado contra o goberno da Segunda República que dividiu España en dous bandos: o republicano e o nacional (apoiado pola falanxe).O 1 de Outubro Franco foi nomeado xefe de estado da zoa nacional e recoñecido como tal por Alemaña e Italia, cuxo apoio , moito maior que o de Rusia aos Republicanos, foi decisivo e condicionou a vitoria nos nacionais eo fin da Guerra en 1939. As consecuencias desta Guerra Civil foron as perdas humanas (case un millón) e o empeoramento da vida no país, así como o cambio dun goberno democrático á ditadura franquista. Economicamente perdéronse reservas materiais e financeiras, diminuíu a poboación activa, destruíronse infraestruturas e reducíronse dos ingresos estatais.
A ditadura de Franco durou ata a súa morteen 1975 e nela diferéncianse tres partes:
-Primeira etapa(1939-1949): Foi a etapa caracterizada polo racionamento, que deu lugar ao mercado negro, a autarquía económica, a represión, principalmente a través da Lei de Responsabilidades Políticas que xerou encarceramentos e execucións, o terror xeneralizado, a restrición das liberdades, a exclusión dos organismos internacionais, e a resistencia através das guerrillas e o exilio. A política franquista caracterizouse pola concentración do poder político en Franco, o anticomunismo, o antiparlamentarismo e antiliberalismo, o nacionalcatolicismo, a defensa da "unidade da Patria, o tradicionalismo, o militarismo, e as trazas fascistas.Durante a guerra creouse a “Delegación del Estado para la Prensa y la Propaganda” en 1937 que establecía as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • 5.O galego de 1936 a 1975.
  • La dictadura franquista (1959-1975)
  • Prosa Galega Entre 1936 e 1976
  • La Mujer Durante La Dictadura Franquista
  • Poesía e prosa galega 1936/1976
  • La Cultura Ibérica desde la perspectiva de la dictadura franquista (1936-1975)
  • La dictadura franquista entre 1959 y 1975
  • La dictadura franquista entre 1959 y 1975

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS