Educacion Para A Cidadanía

Páginas: 8 (1772 palabras) Publicado: 27 de octubre de 2015

O home no seu mundo:

Os pigmeos:















IES Ames Marcos Vázquez Vázquez
Curso: 2012-2013 2º ESO: D
Educación para a Cidadanía

África é considerada o berce do ser humano moderno hai 200.000 anos, e a fonte da nosa dispersión polo mundo nos últimos 100.000 anos.As poboacións humanas que viven alí mostran os máis altos niveis de diversidade xenética do mundo. Os grupos de pigmeos cazadores-colleiteiros que viven nos ambientes tropicais de Camerún e que mostran como característica máis singular a súa baixa estatura.

Os pigmeos non residen nun territorio concreto, senon que as tribos poden atoparse a quilómetros de distancia, aínda que todas albergan óredor da República Centroafricana. A flora e fauna está adaptada ó clima. Abundan os antílopes, monos, cochos, aves…Segundo a flora na zona sur existen áreas forestais que se nutren das chuvias tropicais con grandes rangos de humidade. Cara ao norte, o clima é un pouco máis seco. A época máis chuviosa é de maio a novembro. As temperaturas oscilan entre os 35ºC en verán e 18ºC en inverno.

Entre asetnias veciñas destacan: Binga/babinga ou mbenga/bambenga: Encóntranse o Oeste de África Central; Aka/biaka: Chamados tamén yaka/bayaka situados na República do Congo e República Centroafricana; Mbenzelé/babenzelé: Están en Camerún, Gabón, República do Congo e República Centroafricana; Koya/bakoya: Viven na República do Congo e fronteira con Gabón; Bedzan ou Medzan: Son do Camerún central;Bongo/babongo: Moitos asentamentos illados e dispersos en Gabón e parte da República do Congo. Esas son as principais etnias veciñas.

O aspecto físico é peculiar sobre todo pola altura, xa que son tribus de individuos de moi pouca estatura. A estatura humana é variable. Sen ter en conta os trastornos patolóxicos que conducen ao ananismo ou ao xigantismo, un home san pode medir menos de 1,50 metros, comoé o caso dos pigmeos, ata os 2,15 dalgúns xogadores de baloncesto. Para os científicos, a pequena estatura dos pigmeos da África Occidental, en Camerún, foi sempre un misterio, pero unha nova investigación da Universidade de Pennsylvania (EUA) conseguiu encontrar os xenes polos que un varón adulto deste grupo humano non alcanza nin sequera o metro e medio. O estudo, que aparece publicado, sinalaque estes xenes están relacionados coa temperá madureza reprodutiva, unha vantaxe importante para os pigmeos, xa que a súa esperanza de vida é moi curta e oscila entre os 15 e 24 anos. Son 17 centímetros máis pequenos que os seus vecinos, Bantu e unha das poboacións máis baixiñas do planeta.


Co fin de buscar os xenes responsables da estatura dos pigmeos, os investigadoresrealizaron un estudo de asociación do xenoma completo, e encontraron varios candidatos prometedores nunha rexión do cromosoma 3. Trátase dos xenes DOCK3 e CISH, ambos os dous vinculados á variación do tamaño.O xene CISH tamén está implicado na susceptibilidade a sufrir enfermidades infecciosas, un achado potencialmente significativo, xa que os pigmeos viven nun clima tropical, e están expostos a unhagran cantidade de parasitos e outros axentes causantes de enfermidades.

Por último, os investigadores identificaron mutacións xenéticas nos pigmeos que parecen estar suxeitas á selección natural. En moitos casos, encontraron que as mutacións se asociaban cos procesos biolóxicos que gobernan a activación hormonal reprodutiva, tales como a función do sistema inmune e a regulación hormonal docrecemento. «Estes xenes son importantes na reprodución e o metabolismo, o cal é interesante á luz da hipótese de que a razón da baixa estatura dos pigmeos é que poidan alcanzar a madureza reprodutiva de forma temperá».

A reprodución temperá pode ser unha vantaxe significativa nos pigmeos, cuxa vida se estende entre os 15 e 24 anos fronte aos 80, que alcanzan algunhas sociedade...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • educacion cidadania
  • para educacion
  • QUE ES EDUCACION PARA TI
  • Educación para el desarrollo y desarrollo para la educación
  • Educación Para La Inclusión O Educación Sin Exclusiones
  • Conceptos Para Educacion Para La Salud
  • Comunicacion para la educacion
  • Educacion para la sexualidad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS