la concepción del conocimiento matemático

Páginas: 10 (2433 palabras) Publicado: 5 de marzo de 2014
CONSTRUCCIÓN DO COÑECEMENTO MATEMÁTICO:
O pensamento lóxico infantil enmárcase no aspecto sensomotriz e desenvólvese a través dos sentidos. A multitude de experiencias que o neno realiza transfiren á súa mente uns feitos sobre os que elabora unha serie de ideas que lle serven para relacionar co exterior. Estas ideas convértense en coñecementos. A interpretación de coñecementos matemáticos vaiseconseguindo a través de experiencias nas que o acto intelectual se constrúe mediante unha dinámica de relación.
O pensamento lóxico é a coroación do desenvolvemento psíquico e constitúe o termo dunha construción activa e dun compromiso co exterior. a construción psíquica que desemboca nas operación lóxicas depende primeiro das acción sensomotoras, despois das representacións simbólicas efinalmente das función lóxicas do pensamento. O desenvolvemento intelectual é unha cadea ininterrompida de acción e o pensamento lóxico é un instrumento esencial da adaptación psíquica ao mundo exterior.
Fases no desenvolvemento do pensamento:
1.- A formación da intelixencia sensomotora: xa antes de que o neno empece a falar é capaz de intelixencia propiamente ditos. (intelixencia: adaptaciónpsíquica a situacións novas). Estes actos dependen da coordinación dos movementos e divídese en seis estadios:
- primeiro estadio: o uso dos mecanismos reflexos conxénitos. No nacemento o neno está dotadoo dun grupo de mecanismos reflexos dispostos a funcionar. A utilización dos mecanismos reflexos dispostos para a función é en certo modo o primeiro signo de actividade psíquica.
- segundo estadio:as reaccións circulares primarias. Unha acción que produciu un resultado agradable repítese e leva a unha das chamadas reaccións circulares; constitúense as primeiras habilidades e costumes. Estes costumes presupoñen un proceso activo de adaptación ao mundo exterior.
- terceiro estadio: as reaccións circulares secundarias. Entre o terceiro e o noveno mes obsérvase a transición progresiva dashabilidades, o neno aprende a adaptar os seus movementos aos obxectos habituais, tamén a introducir novos obxectos nas súas reaccións circulares primarias.
- cuarto estadio: a coordinación do esquema de conduta adquirido e a súa aplicación a situacións novas. Obsérvanse os primeiros esquemas de conduta dirixidos intencionadamente a un fin determinado.
- quinto estadio: o descubrimento de novosesquemas de conduta pola experimentación activa. O neno encontra medios orixinais de adaptarse a situacións novas.
- sexto estadio: transición do acto intelectual sensomotor á representación. O neno imita aos obxectos e ás persoas presentes e representa xogando aos ausentes.
2.- A formación do pensamento obxectivo-simbólico: a transición da conducta sensomotra ao pensamento propiamente ditoestá ligada á posibilidade de substituír unha acción ou un obxecto por un signo.
3.- A formación do pensamento lóxico-concreto: o neno é capaz de realizar operacións lóxico-concretas, pode formar tanto clases coma relacións cos obxectos concretos.

QUÉ ENTENDEMOS POR MATEMÁTICAS EN EDUCACIÓN INFANTIL?:
As matemáticas son un instrumento básico imprescindible ao que recorremos constantemente pararesolver situacións cotiás propias da vida humana.
A súa aprendizaxe faise a partir de situacións nas que o adulto emprega as matemáticas dunha maneira sistemática en diferentes momentos e contextos, proporcionando ao neno a información pertinente para que poida utilizalas da mesma forma.
Nesta aprendizaxe as situacións xorden do que ocorre normalmente na vida real.
O ensino das matemáticasen infantil divídese en tres áreas fundamentais:
- O desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático
- A linguaxe matemática oral e escrita.
- O coñecemento do medio.
Toda aprendizaxe fundaméntase na experiencia. O alumno debe recibir suxestións e actividades do mestre que lle permitan por medio da súa propia experiencia, desenvolver as súas capacidades matemáticas mentais.
É fundamental...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Mi concepcion del conocimiento.
  • Concepciones de la matematica
  • “Concepciones filosóficas del conocimiento: concepción historicista"
  • conoces a este matematico?
  • Conocimiento matematico
  • Conocimiento matematico
  • conocimientos matematicos
  • Conocimiento matematico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS