La objetividad como estrategia en los medios

Páginas: 4 (817 palabras) Publicado: 18 de noviembre de 2011
O ritual estratéxico da obxectividade, Gaye Tuchman

No seu artigo O ritual estratéxico da obxectividade: exame das nocións de obxectividade da xente de prensa, a socióloga americana Gaye Tuchmanexpón o concepto da obxectividade como un sistema de defensa do xornalista fronte ás críticas externas ó seu traballo. O concepto de Tuchman alude a aqueles elementos que o xornalista ten en conta áhora de elaborar as noticias, e os agrupa baixo a idea do ritual estratéxico, entendendo como tal un conxunto de procesos secundarios que o xornalista desenvolve por rutina no seu traballo; co obxectode defenderse contra posibles ataques de elementos externos ou, pola contra, tomar a iniciativa no ataque contra calquera outro axente social.

Nesta definición de obxectividade, que Tuchman expóndun xeito práctico e alcanzable, sen ter en conta o carácter utópico que acadou nos últimos anos; bótase en falta sen embargo a presenza do poder nos condicionantes da obxectividade xornalística. Tale como analizou Teun A.van Dijk en Discurso, poder e acceso (1993/1996), o poder social implica, fundamentalmente, control. Por tanto, os grupos ou persoas terán poder no momento en que sexan capacesde controlar (ou teñan a capacidade para facelo) as mentes ou as accións dos outros. Neste punto é onde identificamos a realidade actual do xornalismo, ferramenta de propaganda nas mans dos grupos depoder, e empregada a favor dos seus intereses. Isto é así polo feito de que, tal e como enuncia van Dijk (1993/1996), “modifica-los pensamentos permanentes de outros é o cometido primordial dodiscurso e da comunicación”. Na medida en que as mesaxes dos medios de comunicación de masas teñen unha capacidade de penetración moi alta na sociedade debido á facilidade de acceso ás mesmas, o control docontido e da forma desas mesaxes implicará un control sobre as ideas dos seus receptores, polo feito de poder influír nos pensamentos dese público receptor mediante os medios. Ademais, o acceso dos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Los medios como estrategia
  • objetivos y estrategias
  • Estrategias y objetivos
  • El objetivo la estrategia
  • OBJETIVOS Y ESTRATEGIAS
  • Estrategias y objetivos
  • Estrategia de medios
  • Estrategia De Medios.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS