Memor

Páginas: 7 (1723 palabras) Publicado: 3 de febrero de 2012
ias
Memorias dos traballos
Movemento Expresivo
Profesor: Ricardo Solveira
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Curso 2011/12
Traballo feito con documentación aportada pola profesora Norma Rodríguez e o profesor Damián Villalaín, a partires de documentos da Facultad de Filosofía y CC de la Educación da Universidad de Valencia e da Facultad de Humanidades de Albacete.

1.Presentación de traballos
- Os traballos presentaranse pasados a ordenador, gardando uns centímetros de marxe na parte superior e inferior e nos laterais.
- O comezo do texto e o inicio de liña tras punto e aparte márcase con sangrado á dereita.
- Os exercicios deben presentarse titulados. A redacción do título procurará proporcionar unha indicación precisa do contido e orientación do traballo.- Para todo o texto empregar o tipo de letra Arial tamaño 12. O interlineado será de 1,5 líneas.

2. Redacción.
- A redacción de exercicios, traballos e exames non debe limitarse á mera transmisión de ideas. Debe coidarse o estilo e procurar o uso dunha linguaxe técnica e especializada, nivel culto e rexistro formal.
- O recurso a esquemas e enumeracións extensas pode ser útil, perosempre contextualizados de forma conveniente, sen que o traballo ou exercicio teña esta forma exclusivamente.

3. Citas bibliográficas.
- No uso de fontes bibliográficas cómpre coidar moito a consignación dos materiais manexados e que estes aparezan ben deslindados do que aportacións propias. Non se trata só de evitar “plaxios involuntarios”, senón de subliñar ben o que é orixinal.
- Por outrabanda, no ámbito da investigación é moi relevante o bo uso dun sistema de citas que permita a recuperación de fontes a un potencial lector.
Forma de marcar o texto ou idea citada:
- Cando a cita é literal normalmente sinálase entre aspas “”... “ (tamén pode facerse con cursiva). Se a cita é moi extensa sepárase nun parágrafo diferente e cun sangrado maior.
- As citas literais só podentraducirse de versións orixinais, non se deben facer nunca traduccións de traduccións.
- Se as ideas da fonte se parafrasean ou se mencionan sen máis, debe facerse unha referencia incorporada na redacción do texto:
“Para Shaw, o drama alcanzou un nivel de escritura canónico con Ibsen, que moi cedo será considerado “como un dos profetas maiores da Biblia moderna” (Shaw 1891: 187)
Sistema de cita no corpodo texto
- Cando o traballo non é moi extenso e as citas non son moi numerosas pode facerse a referencia bibliográfica completa no corpo do texto ou en nota ao pé.
- Cando os traballos son extensos e as citas moi numerosas é necesario empregar un sistema de cita abreviado. Un dos máis comúns é o que sinala entre paréntese o apelido do autor seguido do ano da edición manexada, dous puntos e onúmero da páxina citada. Se o autor acaba de ser nomeado no texto non é necesario incluílo. Tamén e convinte reducir o tamaño da letra:

Camanor es un sacerdote de Creta, padre de Eubulo y de Crisótemis. Según contaban los cretenses acogió a Apolo y Artemis después de la muerte de Pitón y los purificó. (Grimal 1994: 87)

- Na cita literal ou dunha idea moi precisa debe citarse a páxina daedición manexada.


4. Uso de subliñados, negriña, cursiva e outros distintivos
- No uso de recursos tipográficos especiais sexa para destacar un fragmento ou para denotar diversos significados, empregarase un único distintivo.
- Cando, para destacar unha parte, se inclúe algunha destas marcas nunha cita que non a cotén debe indicarse (con fórmulas do tipo “o subliñado é meu”).

5.Algunhas abreviaturas útiles na redacción de traballos de investigación.
Cando as abreviaturas responden a termos latinos póñense en cursiva.
- op. cit. (obra citada). Emprégase cando xa se citou unha referencia bibliográfica dun autor.
- Ibíd. (ibidem, o mesmo). Cando a reiteración é da cita inmediatamente anterior a abreviatura ibíd permite non repetir nin a obra nin o nome do autor.
-...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Memorando
  • memorando
  • memorando
  • MEMORANDO
  • Memorando
  • memorando
  • memorando
  • La memor

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS