Platón

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 16 (3783 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 5 de febrero de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
TRABALLO DE FILOSOFÍA

RICARDO VÍTOR GARCÍA VEIGA

APOLOXÍA DE SÓCRATES

Este divídese en tres partes:

Primeira parte.

Sócrates comeza dicindo ao xurado que as súas mentes foron envelenadas polos seus inimigos mentres eran novos e impresionables e que a súa reputación de sofista foi imposta polos seus inimigos, os cales son maliciosos e téñenlle envexa. Di, con todo, que estes vanpermanecer no anonimato, salvo Aristófanes, o poeta cómico. Responde despois á “acusación de corromper aos mozos” argumentando que o corrompelos de forma deliberada é unha idea incoherente. Despois explica que todos os seus problemas comezaron coa visita ao oráculo, tras o cal, reconta esta: Querefonte acudiu ao Oráculo de Delfos para preguntar se había alguén máis sabio que Sócrates, ao que o deusrespondeu que non o había. Cando Querofonte referiullo a Sócrates este tomoullo como unha adiviña, pois clamaba non posuír sabedoría grande ou pequena, pero tamén que era contrario á natureza dos deuses o mentir.
Así pois Sócrates partiu nunha "misión divina" para resolver esta paradoxa (que un home ignorante puidese ser tamén a persoa máis sabia da cidade)e tentou demostrar que o deus seequivocaba. Tras isto, proclamándose a voz do oráculo, procede a preguntar sistematicamente aos políticos, poetas e artesáns, determinando ao final que os primeiros son impostores, os segundos non comprendían as súas propias obras do mesmo xeito que os visionarios e os profetas non comprenden as súas visións, e que os terceiros tampouco se libran de ser pretenciosos. Pola súa banda, el pregúntase asímesmo se preferiría ser un impostor, como a xente coa que fala, e de novo falando como a voz do oráculo responde que non, pois prefire ser el mesmo.
El interpreta a súa misión na vida como a proba de que a verdadeira sabedoría pertence exclusivamente aos deuses, e que a sabedoría humana ten pouco ou ningún valor. Habendo refutado os prexuízos, Sócrates comeza a defenderse dos cargos formais decorrupción dos mozos e ateísmo.
O primeiro que fai Sócrates é acusar ao que lle acusa, Meleto, de non importarlle as cousas que di que lle importan. Mentres interroga a Meleto, di que ninguén corrompería intencionadamente a outro, pois despois correría o risco de que este lle danase no futuro.
Procede despois a defenderse da acusación de ateísmo tendendo unha trampa a Meleto ata que este contradisedicindo que Sócrates é un ateo e que cre en semidioses e espíritos. Sócrates humilla a Meleto preguntando á corte se este pasara algún test que mostrase que sabe identificar contradicións lóxicas.
Nunha das partes máis controvertidas da obra, Sócrates afirma que non houbo maior ben para Atenas que a súa preocupación polos seus compañeiros cidadáns, que a riqueza é unha consecuencia da bondade, eque os deuses non permiten que un home bo sexa danado por un peor que el. Chámase a el mésmo, tábano e que o estado é un gran cabalo perezoso que necesita ser espertado.
Para probar isto, Sócrates lembra ao xurado do seu “daimon”(é o termo utilizado para referirse a diferentes realidades que comparten os trazos fundamentais do que noutras tradicións denomínanse anxos e demos), que el ve como unhaexperiencia sobrenatural. Recoñece que isto fará sospeitar a moitos de que realmente inventa deidades, pero non fai concesións neste respecto, a pesar de estar ao tanto das sospeitas que isto levantaría. Sócrates proclama non ser nunca un profesor, posto que non impartiu o seu coñecemento a outros. Por esta razón non se lle pode facer culpable do que fan outros cidadáns. Se corrompeu a alguén, di,Por que non acoden como testemuñas?, se foron corrompidos, Por que non ha intercedido a familia no seu beneficio? ademais moitos destes familiares acudiron ao xuízo en defensa de Sócrates.
Para concluír esta parte, Sócrates lembra aos xurados que non vai recorrer aos trucos comúns de prantos, nin traerá aos seus fillos para provocar a súa compaixón. Afirma non temer á morte e asegura que non...
tracking img