Proyecto curricular infantil

Páginas: 67 (16576 palabras) Publicado: 1 de febrero de 2012
PROGRAMACIÓN
DE
EDUCACIÓN INFANTIL
(3, 4 ,5 ANOS)























ÍNDICE

1- OBXECTIVOS DA ETAPA.
2- COMPETENCIAS BÁSICAS NA EDUCACIÓN INFANTIL.
3- PROGRAMACIÓN DO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
3.1.-PROGRAMACIÓN XERAL DO SEGUNDO CICLO.
3.2.- PROGRAMACIÓN DE NIVEL DE 3 ANOS.
3.3.-PROGRAMACIÓN DE NIVELDE 4 ANOS.
3.4.- PROGRAMACIÓN DE NIVEL DE 5 ANOS.
4- METODOLOXÍA
5- TEMAS TRANSVERSAIS
6- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
7.- INTERRELACIÓN FAMILIA-CENTRO EDUCATIVO
8- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE .
9- AVALIACIÓN.


















( 1.- OBXECTIVOS DE ETAPA.
A educación infantil contribuirá a desenvolver nos nenos e nenas as capacidades quelles permitan:
- Coñecer o seu propio corpo e dos outros, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.
-Observar e explorar o seu medio familiar, natural e social.
- Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
- Desenvolver as súas capacidades afectivas.
- Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia erelación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos.
- Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
- Iniciarse nas habilidades lóxico- matemáticas, na lectoescritura e no movemento, no xesto e no ritmo.
(2- COMPETENCIAS BÁSICAS NA EDUCACIÓN INFANTIL.
Unha das finalidades do proxecto é proporcionarlles a nenos e nenas unha educacióncompleta, que abranga os coñecementos e, dado o carácter preparatorio da Educación Infantil, algunhas das competencias básicas que resultan necesarias na sociedade actual que lles permitan desenvolve-los valores que sustentan a práctica da cidadanía democrática, a vida en común e a cohesión social, que estimule nos pequenos e nas pequenas o desexo de seguir aprendendo e a capacidade de aprender porsi mesmos. A adquisición destas competencias permite o desenvolvemento da capacidade do alumnado para regula-la súa propia aprendizaxe, confiar nas súas aptitudes e nos seus coñecementos, así como para desenvolve-la creatividade, a iniciativa persoal, o espírito emprendedor e a capacidade para resolve-los conflitos que se lles presenten na súa vida cotiá.
As competencias básicas constitúen unsaber facer, un saber ser e estar, é dicir, un saber que se aplica, que pode adecuarse a unha diversidade de contextos e que ten un carácter integrador; este saber abrangue coñecementos, procedementos e actitudes. Inclúen o desenvolvemento de capacidades e non a aplicación de contidos puntuais. Constitúen unha combinación de destrezas, coñecementos e actitudes adecuadas ó contexto; precísanas tódalaspersoas para a súa realización e desenvolvemento persoal. Deben seguir desenvolvéndose, manténdose e actualizándose como parte dunha aprendizaxe ó longo de toda a vida. A incorporación de competencias básicas ó currículo permite poner o acento naquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles. Constitúen un elemento curricular máis pero non se engloban dentro de ningunha área curricularconcreta; teñen un carácter globalizador e integrador polo que o proxecto considera importante incluílas, xa desde a etapa da Educación Infantil.
Hai que definir cales son estas competencias, que as caracteriza e cal é o nivel que se considera básico en cada unha delas e que, polo tanto, deben alcanzar tódolos alumnos e tódalas alumnas. Non constitúen aprendizaxes mínimas comúns pero orientan oproceso de ensinanza porque permiten identifica-los contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible. As competencias básicas forman parte das ensinanzas mínimas, complementan os elementos do currículo e danlle un enfoque integrador. Cómpre poñelas en relación cos obxectivos, cos contidos e cos criterios de avaliación se se quere consegui-lo seu desenvolvemento efectivo na...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • PROYECTO CURRICULAR INFANTIL
  • 55916 Proyecto Curriculo Educacion Infantil
  • Proyecto Curricular
  • Proyecto curricular
  • Proyecto Curricular
  • proyecto curricular
  • PROYECTO CURRICULAR
  • curriculo educacion infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS