Reseña do libro "vida líquida" de z.bauman

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 15 (3665 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 25 de abril de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
RESEÑA DE “VIDA LÍQUIDA” DE ZYGMUNT BAUMAN

Cristina Terrón Pérez

Ciencia Política II
Facultade de Ciencias Políticas e da Administración
Universidade de Santiago de Compostela

vida líquida
Zygmunt Bauman

Cristina Terrón Pérez
Facultade de Ciencias Políticas e da Administración

O polaco Zygmunt Bauman aborda dende a metáfora do “líquido” a realidade social actual que impregna asnosas formas de vida. Cunha análise lúcida, reflexiona en “Vida líquida”sobre diferentes facetas da vida cotiá. Non ofrece teorías nin busca establecer ningún tipo de predición; A finalidade desta obra reside en constatar e demostrar a fluidez da vida actual describindo as contradicións sociais e existenciais que xeneran as relacións humanas e a vida mesma.

Autor: Zygmunt Bauman
Traducciónao español de Albino Santos Mosquera
ISBN: 978-84-493-1936-5
Depósito legal: B-18.115/2007
© 2006 de todas as edicións en español
Editorial Paidós
Colección: Estado e Sociedade
Número de páxinas: 206
Vida Líquida

Unha aproximación ao autor

Zygmunt Bauman (1925), naceu en Poznan (Polonia) no seo dunha familia xudea. Fuxíu á Unión Soviética tras a ocupación nazi. Estudio e doctorouse naUniversidade de Varsovia, da que foi profesor durante máis de quince anos. En 1968, a causa da política antisemita do goberno polaco, emigrou a Israel, onde impartíu docencia na Universidade de Tel Aviv para, máis tarde, trasladarse ao Reino Unido a exercer como profesor da Universidade de Leeds.

Bauman é un dos destacados representantes da teoría sociolóxica contemporánea. Pertencente a unhaxeración de sociólogos composta por figuras como Pierre Bourdieu, Anthony Giddens, Alain Touraine ou Ulrich Beck. Na súa producción, que data dende os anos 50, trata temas como clase, socialismo, hermenéutica, modernidade e postmodernidade, globalización e a nova pobreza.

Aínda que é identificado frecuentemente como un pensador “postmoderno”, o seu escepticismo cara ao concepto o separa dosmáis entusiastas auspiciantes do postmodernismo. Bauman non comparte a noción de “modernidade” e “postmodernidade”. El diferencia entre “modernidade sólida”, ata a metade do século XX, e “modernidade líquida” a partires dos anos 40 e 50.

O pensamento crítico de Bauman parte do marxismo ortodoxo da súa primeira etapa biográfica, posteriormente aberto pola influencia de Antonio Gramsci, como él mesmoafirmou publicamente:“ Gramsci exerceu influencia en mín porque vía a sociedade cunha mentalidade viva, e isto esixía unha constante reinterpretación, confrontación e diálogo entre distintas vertientes”1.

Como testemuña das transformacións nas formas da vida social contemporánea, as súas reflexións supuxeron importantes aportacións á teoría e metodoloxía sociolóxicas.

As súas análises xiranen torno á vida cotiá e á aceleración dos cambios sociais nunha sociedade globalizada, que advirte que o duradeiro e o sólido son valores do pasado. O tempo da modernidade líquida é fluído e cambiante.

Vida Líquida

O autor menciona en varias ocasións a súa admiración por George Simmel, sociólogo do cal afirma que foi un anticipado ao seu tempo no senso de que iniciou unha útil reflexiónpara pensar e para mostrar como pensar a temática identitaria, introducida nas ciencias sociais pola influenza da psicoanálise.

O propio Bauman autoenmárcase no pensamento crítico e refírese a dous tipos de comprensións distintas do rol da socioloxía: unha “xerencial” e outra baseada no diálogo2. Con respecto á súa metodoloxía pódese dicir que Bauman, ao contrario que os sociólogos da modernidade,está máis cerca do diálogo.

A lectura crítica de Bauman lévanos a unha sociedade sitiada polos medios de comunicación, que varía en función dos valores dominantes da economía, e na que desaparecen conceptos como obrigas sociais ou compromiso solidario. Os medios de comunicación, dependentes e integrados nas esferas do poder económico, crean a nova atmósfera de indución ao individualismo....
tracking img