resumen

Páginas: 6 (1383 palabras) Publicado: 21 de enero de 2015
A transformación da agricultura española ao longo do século XIX foi lenta e insuficiente, feito que explica en boa medida a marxinación de España do proceso de industrialización europeo.
Hai unha nova concepción xurídica dos dereitos de propiedade, que implicaba a liquidación das formas propias do Antigo Réxime e a consolidación da propiedade privada da terra, como elemento esencial da novaorganización capitalista da economía. Con este fin emprenderon unha nova reforma agraria liberal, cuxo obxectivo esencial era liberar a terra das trabas que lle puña o Antigo Réxime ao desenvolvemento da propiedade privada e da economía de mercado.
-Converter a propiedade da terra nun ben libre, privado, particular e individual
- Abolir o réxime señorial
- Desamortizar as terras eclesiásticas ecomunais
-Suprimir as servidumes colectivas e o décimo
-Autorizar a liberdade de cultivos, o cerramento de campos e a libre compravenda de terras
Todas estas reformas consolidan a propiedade privada da terra, e sitúa a terra en mans de propietarios máis activos, aínda que a esperanza do liberalismo progresista de que mediante a desamortización a maioría dos medianos e pequenos campesiños seconvertesen en propietarios non se conseguiu
A consecuencia máis importante da reforma agraria liberal foi o aumento da superficie cultivada, e a expansión de cultivos de cereais, vide, millo, e sobre todo a pataca. Mentres a gandaría ovina sufriu un notable retroceso. Pola contra, aumentou a cabana porcina.
O lento aumento da produtividade, pódeselle atribuír, en parte, a un marco naturaldesfavorable, pero sobre todo a unha estrutura da propiedade que non fomentaba a mellora técnica. Caso das pequenas propiedade: minifundios, na que toda a produción estaba destinada ao consumo sen a posibilidade de innovar o vender o excedente no mercado. No outro extremo a gran propiedade: latifundio, que tampouco axudou a mellorar a produtividade.
Este atraso agrario notable obstaculizou aindustrialización, pero o aumento da produción agrícola permitiu alimentar unha poboación en constante crecemento. As causas mas importantes deste incremento foron a desaparición de determinadas epidemias, a mellora da dieta e a expansión dalgúns cultivos como o millo e a pataca. En relación cos países do norte de Europa a natalidade española era máis elevada e a mortalidade resultaba moi superior ámedia europea.
A poboación iniciou un lento éxodo rural que implicou un aumento da poboación urbana que consigo levou un aumento das cidades mediante o plan de reforma urbana (os ensanches). Malia a crecente urbanización a maioría da poboación española continuaba a ser rural.
Nas décadas finais do século, a tensión entre o aumento da poboación e as escasas oportunidades de emprego obrigou a moitosespañois a emigrar a ultramar. Os principais focos de emigración foron Galicia, Asturias, Cantabria e Canarias, e o destino máis importante era América Latina seducidos polas oportunidades que ofrecía o novo continente e pola facilidade da viaxe que supuxera a navegación a vapor.
Na España do século XIX, o proceso de industrialización sufriu un notable atraso con respecto dos países quelideraron a Revolución Industrial. Este atraso foi debido a reducida capacidade de compra do campesiñado, a posición xeográfica excéntrica, a capitais absorbidos por débeda pública, a escaseza de enerxía e materias primas e a inestabilidade política e institucional.
As medidas de liberación da produción e do mercado que estableceron os gobernos liberais progresistas e moi especialmente a supresión dosprivilexios gremiais aseguraron o libre exercicio da actividade industrial en lugares como Cataluña. Isto creou unha desigualdade, habendo unha estrutura industrial moderna en Cataluña (industria téxtil) e no País Vasco (industria siderúrxica) u unha industria de difusión serodia como a agroalimentaria, a metalúrxica, química, de madeira... O que cabe destacar a expansión da minaría con grandes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • resumen resumen
  • EL RESUMEN DEL RESUMEN
  • resumen del resumen
  • Resumen
  • Resumen
  • Yo resumiendo
  • Resumen
  • Resumen

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS