O muíño de batán

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 3 (559 palabras )
  • Descarga(s) : 4
  • Publicado : 12 de junio de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
O MUÍÑO DE BATÁN

Ao baixar polo camiño, cuberto polas pólas dos carballos e dos castiñeiros que facían que asemellase a un túnel sementado por landas, ourizos e castañas, de súpeto atópomeco regueiro que leva a auga dende a fonte das Santas ata os prados da Lousa. Desde a fonte, e sempre a súa carón, deulles por se dispor unha ringleira de bidueiros vellos, moitos deles medio mortos,o necesario para que os petos poidan escavar o seu niño sen moita dificultade. Unha, cada vez máis tupida néboa, e o crecente murmurio do bater da auga na fervenza, amosábame, que estaba a piques dechegar o muíño de Batán, que coma tódolos muíños, ten algo máxico e desprende ese arume ás lendas e ós contos que fan que un mesmo se senta protagonista ou partícipe de moitas delas. Alí estaba, nofondo, co tellado de lousa, algo afundido, tapizado na súa maior parte polo musgo e os liques que aparecen nos sitios extremadamente sombríos, húmidos e orientados ao norte. Ese ton verdoso do tellado edas pedras da parede da entrada ensinaban a presa do tempo, para, reintegrar na natureza as construcións feitas polos homes. Chegando preto del, o camiño lévame á boqueira do prado do Recheno e entóndecátome de que o antigo carreiro polo que baixaba a xente do Seixo, que viña a moer, a pé ou con algún tipo de cabalería, xa non se atinaba por onde discorría; agora, tan só era unha parte máis domonte; monte, que aquí está ateigado de toxos, pero, dos que chaman mariñaos, que son máis cativos, con espiñas máis numerosas e máis pequenas, por xestas das amarelas e tamén das brancas, pudias epiornos e nos raxedos, mesturadas con algún que outro toxo, moitas variedades de carpazas e carqueixas, que parecen teimadas en agachalas penas sobre as que misteriosamente logran supervivir. Métomeentón polos prados, a carón do balado de chantos, que os separa do monte, e non encontro un acceso ata chegar mesmo á beira do río. Alí os troiteiros ocupáronse de tombar, debidamente, unha daquelas...
tracking img