Aristoteles

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 2 (303 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 9 de mayo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
ARISTÓTELES – TEXTOS PAAU

1. As catro causas

Física II-3 194b16-195a3

Feitas estas distincións, cómpre examinar as causas, cales e cantas son. E xaque se trata de coñecer, e non cremos ter coñecemento de algo sen antes ter captado en cada caso o porqué (e isto vén sendo captar a causa primeira), é evidenteque nós temos que facelo coa xeración e a destrución e con todo cambio natural, a fin de que, coñecendo os seus principios, intentemos encamiñar ata eles cadaunha das nosas investigacións.

Nun sentido (a) chámase causa a ese constitutivo inherente do que se fai algo, coma tal o bronce da estatua e a prata da copa eos seus xéneros. Noutro sentido (b) é a forma e o modelo, é dicir, a definición da esencia e os seus xéneros (así a causa da octava é a relación de dous a un, een xeral o número), e tamén as partes da definición. E tamén (c) é aquilo de onde xorde o principio primeiro do cambio ou do repouso; así quen toma unharesolución é causa, o pai e causa do fillo, e en xeral o que fai é causa do feito e o que produce un cambio é causa do cambiado. E aínda máis (d), é o fin, aquilopara o que é algo, como a saúde con relación ó paseo. Pois, por que paseamos? Dicimos que para ter saúde e, ó falar así, cremos indicar a causa. E son un mediopara o fin todas as cousas que outro move; así o adelgazamento ou a purga, os medicamentos ou os instrumentos cirúrxicos, todos eles son medios para a saúde, perohai diferenzas entre eles, xa que uns son accións e outros instrumentos.

ARISTÓTELES; Física II-3 194b16-195a3
Traducción de Teresa Amado Rodríguez (USC)
tracking img