Educación

Páginas: 15 (3520 palabras) Publicado: 11 de enero de 2013
ÍNDICE

PÁX.

PRESENTACIÓN.

1. Biografía…………………………………………….. 1- 2

2. A Escola Nova………………………………………. 2- 4

3. Asociación de Mestres Rosa Sensat………………… 4 - 7

4. Artigos e Monográficos……………………………... 8 - 9

5. Bibliografía da autora……………………………….. 9 - 10

CONCLUSIÓN.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS.PRESENTACIÓN.

Rosa Sensat i Vilá gozou de gran recoñecemento ao longo da súa vida e carreira profesional. O seu recordo púidose ver borrado pola sombra do franquismo, réxime ditatorial que selou con tristes finais as vidas de moitas mestras e mestres da época. Nembargante, o recordo de Rosa Sensat segue vivo grazas ao MPR que toma o seu nome, inmortalizando así a súafigura.

Na nosa época, Rosa Sensat representa un exemplo no que se refire ao eido da educación. Non obstante, algunhas das súas ideas e presupostos pedagóxicos causan reparos e incomprensión, sobre todo as concernentes á educación feminina, xa que de i fendía una sólida preparación doméstica exclusivamente para as nenas. Isto contradí ás correntes de pensamento que defenden a igualdade entrehomes e mulleres na actualidade, o que pode impedir que a figura de Rosa Sensat reciba o recoñecemento merecido por parte das mestras do século XXI.



1. BIOGRAFÍA.

[pic]

Rosa Sensat i Vilá naceu en Masnou, Barcelona, o 17 de Xuño de 1873. Orfa de pai aos 9 anos, traballa vendendo os bordados que realiza coa súa nai para máis tarde montar o seu propio taller grazas ao prestixio recollidoanteriormente.

Aos doce anos de idade matricúlase no Colexio Barcelonés, dirixido por Ánxela Vallés, a que máis tarde será a súa sogra. Alí prepara os exames para a Escola Normal.

Aos 15 anos xa exerce de mestra no seu pobo natal. É mestra de párvulos nas cidades de Xirona e Madrid. Consegue por oposición unha praza de mestra na Escola Normal de Alacant, pero no ano 1904 rexéitaa debido o seuembarazo e solicita o traslado a unha escola de Barcelona.

Durante o curso 1912-1913 é pensionista pola Junta de Ampliación de Estudios (JAE) para viaxar por Bélxica e Suíza.

En 1914 é nomeada directora da Escola del Bosc onde puido poñer en práctica os seus presupostos educativos e pedagóxicos.

No ano 1931 exerce de directora do Grup Escolar Milá i Fontanals. En 1938 solicita axubilación voluntaria, sen embargo trala finalización da guerra, ábreselle un expediente depurativo polo que ten que cobrar unha pensión que non se corresponde coa categoría adquirida ao longo da súa carreira profesional.

Destaca a súa labor de divulgación dos principios da escola activa, así como os seus artigos, libros, cursos, conferencias e congresos nos que participa.

Rosa Sensat morre o 1 deoutubro de 1961. Catro anos máis tarde inícianse as actividades da asociación de ensinantes que leva o seu nome.



2. A ESCOLA NOVA.

Pouco antes de rematar o século XX, xurdiu a necesidade de levar a cabo unha reforma no eido educativo. O movemento renovador coñecido co nome de Escola Nova agrupou a todos os sistemas pedagóxicos nacidos ata aquel momento. Evolucionouse dunha escola onde ospiares fundamentais eran o mestre e o programa a outra escola onde o importante era o alumno.

No momento en que xurdiu a Escola Nova, Europa estábase a impregnar de novos ideais como a liberdade, igualdade, solidariedade… que evidentemente chegaron tamén ás escolas. Con esta nova proclamación de valores chegouse á conclusión de que a educación era o motor para chegar a esa igualdade na sociedade.Estendíase a idea de que a educación debía ser un dereito para todos, independentemente da orixe, nivel social,... Pero ademais dun dereito, tiña que ser tamén un deber. Moitos pedagogos vían como algo elemental a educación obrigatoria, motivo polo cal tratouse de construír un maior número de escolas.

Este novo método educativo caracterizábase por facer do alumno unha persoa apta para...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Educacion
  • Educacion
  • Educación
  • Educacion
  • La educacion
  • Educacion
  • Educacion
  • Educacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS