La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica

Páginas: 5 (1001 palabras) Publicado: 11 de diciembre de 2010
Historia
Resumo:

BENJAMIN, Walter
A obra de arte na súa época de reproductibilidade técnica

Cunha pequena introdución de Paul Valéry, Walter Benjamin comeza a súa obra falando do valiosas e transformadoras que poden chegar a ser as novidades dentro do amplo campo das artes.

No prólogo, Benjamin fala de Marx e de cómo este prevíu o capitalismo feroz. Fala tamén da aplicación dalgúnsdos seus termos nas teorías fascistas e de cómo os termos que el introduce por primeira vez na teoría da arte son inútiles para os fins do fascismo xa que revolucionan a política artística. Aquí comeza a súa apoloxía sobre a reprodución.

Primeiramente, Benjamin cita os métodos de reproducción artística ao longo da historia: a arte sempre foi susceptíbel de se reproducir, impoñéndoseintermintentemente dende a época grega até os nosos días. A imprenta , a xilografía, a augaforte e a litografía son algúns exemplos que ao mesmo tempo serven de precentes á masificación da arte. No entanto, toda reproducción carece de algo importante, o aura, o aquí e agora das obras de arte, é dicir, a súa autenticidade, a súa duración material, a súa historia… esa presenza irrepetíbel, que non é o mesmo quea falsificación, forma de reproducción manual distinta á técnica, menos independente da orixinal. A reprodución vai en busca do destinatario aínda que deprecien o seu aquí e agora, a súa autenticidade-a súa capacidade de transmisión dende a súa resistencia material ata o seu testimonio histórico. Isto, é dicir, o aura é a que queda tocada na era da reprodución técnica, Benjamin califica ao procesocomo “o atrofiamento da aura”, xa que a técnica reprodutiva desvincula a obra da súa tradición, do significado que posúe no contexto orixinal. A obra dáselle unha dose de actualidade que conmociona o que transmite.

Por outra banda, Benjamin fala dos cambios da percepción humana debido á evolución e á historia, e das transformacións sociais e artísticas que iso conleva. A través destasmodificacións pódese entender o desmoronamento do aura que, á súa vez, depende do achegamento espacial e humano que sofren as obras de arte para chegar ás masas. Ademais, isto provoca a merma da unicidade da obra, é dicir, a descontextualización da obra de arte racha coa súa tradición e as súas orixes, na súa maioría, ritos culturais.” A reprodutibilidade emancipa a obra da súa existencia parasitaria nunritual”, di Benjamin. Coa entrada do primeiro método de reproducción técnica da arte –a fotografía- a unicidade e o aura entran en crise, polo que se desata o movemento da arte pola arte.

Benjamin reflexiona tamén acerca da polaridade que pode afectar a recepción das obras de arte. Confróntanse o valor cutual (aquel propio dos tempos primitivos que está ao servizo do culto) co valor puramenteexhibitivo dunha obra. A independencia dos rituais aumenta as ocasións de exhibir determinadas obras, co resultado de que a reprodución modifica a natureza primixenia das obras de arte co predominio do seu valor exhibitivo. “Na fotografía, o valor exhibitivo comeza a reprimir en toda a liña ao valor cutual” afirma Benjamin. No entanto, nos albores da fotografía aínda prevalece outro tipo devalor cutual das obras de arte, o do recordó dos seres queridos. O aura do retrato e o culto ao retrato aínda permaneceron presentes nas primeiras fotografías. Sen embargo, alá polo 1900, Atget outorgoulle ás fotografías unha significación histórica que fixo que primase o valor exhibitivo das mesmas por enriba do cutual.
No transcorrer do s.XIX os fundamentos artísticos dalgunhas obras puxéronse endúbida debido á disputa entre o valores da pintura e da fotografía. A época da reprodutibilidade técnica extinguíu por igual o valor cutual e a autonomía das obras de arte, modificando por completo as funcións artísticas das mesmas. Así, foron moitos os teóricos que debatiron sobre o valor artístico da fotografía e do cine, poñendo en contraposición, por exemplo, os actores de cine e de teatro....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica
  • La obra de arte en la epoca de su reproductibilidad tecnica
  • La obra de arte en la epoca de su reproductibilidad tecnica
  • La Obra de Arte en su Época de Reproductibilidad Técnica
  • la obra de arte en la epoca de la reproductibilidád tecnica
  • La obra de arte en su época de reproductibilidad técnica
  • La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica
  • La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS