Lengua

Páginas: 11 (2542 palabras) Publicado: 5 de marzo de 2014
1

BLOQUE 3. A ECONOMÍA
TEMA 6. AS ACTIVIDADES DO SECTOR PRIMARIO
I.- O SECTOR PRIMARIO
Pertencen ao sector primario todas aquelas actividades económicas que as
persoas realizan para obter recursos da natureza: agricultura, gandaría,
explotación forestal, pesca e minaría.
II.- O ESPAZO AGRARIO
Denomínase espazo agrario cando o ser humano modifica o espazo natural
para dedicalo aactividades agrícolas, gandeiras e forestais. Na formación do
espazo agrario inflúen dous tipos de factores:
1. Factores físicos: son o clima (temperatura, precipitacións e axentes
atmosféricos adversos), o relevo (ladeiras das montañas máis expostas ao sol
–solleiros- e menos expostas –avesíos-), o solo (espesor, textura, nutrientes) e
a cuberta vexetal.
2. Factores humanos: crecemento dapoboación (provoca que se amplíe o
espazo cultivado dado que é necesario producir máis alimentos para abastecer
ás persoas ou para comercializalos), condicións económicas e tecnolóxicas
(nos países menos desenvolvidos, nos que a maquinaria é escasa, os terreos
cultivados teñen menor rendemento agrícola. Nos países industrializados a
utilización de sistemas electrónicos de rega e o emprego defertilizantes inflúe
no tipo de plantas e na calidade dos produtos agrícolas), propiedade e tamaño
da terra (a terra cultivada pode pertencer a unha persoa ou a varias, e as
explotacións agrarias presentan diferente tamaño), política agrícola (o espazo
agrario é consecuencia da política agraria, é dicir, das subvencións para que se
cultiven determinados produtos, das promocións de exportacións eimportacións de artigos concretos, etc.), aspectos culturais, históricos e legais
(os costumes, a historia e as leis afectáronlle á configuración do espazo
agrario, por exemplo, nalgunhas rexións as terras que pasan de pais a fillos
non se dividen, mentres que noutras si se reparten, etc.)
Os elementos que integran o espazo agrario son o espazo cultivado e o
espazo habitado.
1. O espazocultivado é a terra traballada ou sementada e está composta por
parcelas, que son unidades básicas de cultivo e defínense polo seu tamaño, a
súa forma e os seus límites. Segundo o seu tamaño, as parcelas poden ser:
pequenas, medianas e grandes. Segundo a súa forma, a parcela pode ser:
regular ou xeométrica, e irregular, cando non ten unha forma xeométrica
definida. A existencia ou non de límites nasparcelas dá lugar a campos
pechados ou bocages: as parcelas sepáranse mediante sebes, árbores, muros
de pedra, etc. e tamén a campos abertos ou openfields. As parcelas non

2
están pechadas nin teñen elementos materiais que as separen; diferéncianse
polo tipo de cultivos ou a forma de explotación.
2. O espazo habitado: é o lugar no que se asenta a poboación.
Correspóndese coas formas depoboamento rural (concentrado e disperso).
III.- A AGRICULTURA
A agricultura obtén da terra produtos vexetais destinados ao consumo
humano ou animal e materias primas para a industria.
3.1. PRÁCTICAS AGRÍCOLAS
Para a explotación dun espazo agrario, os agricultores utilizan diferentes
sistemas de cultivo, que corrixen as limitacións da natureza e tamén
incrementan a produtividade. Os sistemasde cultivo clasifícanse en función do
aproveitamento da auga, a variedade de especies vexetais e o aproveitamento
do solo.
1. Segundo a auga que reciben os cultivos distínguense entre:
a) Agricultura de regadío: é a que utiliza cantidades abundantes de auga a
través de diversos métodos artificiais de rega. Entre os cultivos de regadío
destacan as froitas, o arroz, o algodón, as hortalizas ea remolacha.
b) Agricultura de secaño: non utiliza rega artificial, unicamente recibe a auga
das precipitacións. Entre os cultivos de secaño destacan as legumes, o xirasol,
a soia, o cacahuete, a cebada, o centeo, así como a chamada triloxía
mediterránea: vide, oliveira e trigo.
2. Segundo o número de especies que se cultivan nun espazo agrícola,
diferéncianse entre:
a) Monocultivo: é a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lengua
  • Lengua
  • Lengua
  • Lenguas
  • lengua
  • lengua
  • LENGUA
  • Lengua

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS