cousiñas de kant

Páginas: 7 (1561 palabras) Publicado: 5 de junio de 2013
5

FILOSOFÍA MODERNA: KANT

a

ÍNDICE

1. MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL (2,5 puntos)
1.1. Cuestión contextual (1,25 puntos)
- Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración
- As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización,
natureza
- Características da razón ilustrada
1.2. Marco histórico-cultural e filosófico do autordo texto (1,25 puntos)
2. COMPRENSIÓN TEMÁTICA (6 puntos)
2.1. A idea kantiana de Ilustración
2.2. A síntese entre racionalismo e empirismo en Kant
2.3. O formalismo moral
3. CUESTIÓN TRASVERSAL (1,5 puntos)
Relaciones (de semejanza o diferencia) con otros autores, corrientes filosóficas o épocas de
la Historia de la Filosofía
- TEXTOS DE SELECTIVIDAD
- ACTIVIDADES

1

b

1.MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL

1.1. Cuestión contextual
A Ilustración é un movemento ideolóxico de reforma e modernización da sociedade que se propagou por Europa e América durante o século XVIII, tamén chamado o Século das Luces. As figuras
máis destacadas do movemento ilustrado europeo son, en Inglaterra (Enlightenment), Locke e Hume;
en Francia (Lumières), Voltaire, Rousseau e Diderot; enAlemaña (Aufklärung), Kant; e en España,
Jovellanos e Olavide.
Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración
A Ilustración afectou a todos os ámbitos da vida social (desmantelamento da sociedade estamental
do Antigo Réxime), política (promulgación de constitucións liberais), económica (sustitución do proteccionismo estatal pola liberdade de mercado) e cultural(neoclasicismo e prerromanticismo). Os dous
acontecementos políticos máis importantes desta época son a Independencia de Estados Unidos de
América (1776) e a Revolución francesa (1789). Ideoloxicamente, a Ilustración afunde as súas raíces
no Renacemento, e nútrese dos sistemas racionalistas e empiristas do século XVII.

Presentación ao Congreso do documento
que establecía a Declaración deIndependencia dos Estados Unidos, cadro de John
Trumbull.

As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización, natureza.
A pesar das discrepancias individuais e das variantes nacionais, é posible establecer uns principios
ideolóxicos comúns a todos os pensadores ilustrados, que constitúen o espírito da Ilustración. Estes
son: preocupación polo ser humano, individuale xenérico; exaltación da ciencia e a técnica como instrumentos para mellorar as condicións de vida da humanidade; loita contra a ignorancia, as supersticións e o despotismo; rexeitamento da relixión como instrumento ideolóxico do Antigo Réxime, e
2

oposición ao poder temporal da Igrexa; defensa dunha nova orde social e política baseada na razón e a
natureza; ansia utópica de liberdade,felicidade, xustiza e igualdade universal; importancia outorgada á
educación como instrumento de mellora do ser humano e de progreso social; e descubrimento da Historia como expresión da racionalidade.
Características da razón ilustrada
Para levar a cabo este programa de reforma e modernización da sociedade, os ilustrados confiaban
na razón (optimismo racionalista). Considerábana a facultadehumana esencial, fundamento do coñecemento científico, do obrar moral, das crenzas relixiosas (deísmo) e da organización social e política
(democracia). A razón é unha e a mesma en todos os seres humanos; é emancipadora, en canto que
liberará ao ser humano das forzas naturais e sociais que o dominan; é crítica contra a tradición; é autónoma e independente de toda autoridade; e é empírica, en cantoque toma os seus contidos da experiencia sensible.

1.2. Marco histórico-cultural e filosófico do autor do texto.
IMMANUEL KANT

naceu en 1724 e morreu en 1804 na cidade alemá de Königsberg. Foi educado

no pietismo luterano, corrente luterana que acentuaba o valor do sentimento sobre a intelixencia, e
impoñía unha severa vida moral. Aos 16 anos ingresou na Universidade de Königsberg, onde...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Matias Cousiño
  • cousiño macul
  • Palacio Cousiño
  • Palacio Cousiño
  • Victor Cousin
  • Familia Cousiño
  • Kant
  • Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS