Linguistica

Páginas: 5 (1053 palabras) Publicado: 21 de mayo de 2011
Introdución

O obxectivo do presente traballo é amosar que o galego, a nosa lingua, segue a ser para moita xente un gran descoñecido, tanto no que se refire á súa historia como a súa estruturación como lingua.
Desde o momento en que existe unha variedade estándar, esta, dado que é a que se utiliza para os usos formais, adoita converterse na variedade de máis prestixio, de xeito que todas asdemais tenden a aproximarse a ela. Esta variedade é a utilizada hoxe en día polos neofalantes urbanos, que proceden de familias castelanfalantes e que se incorporan ao galego, aínda que mesturada cun alto grao de castelanismos no que se refire á pronuncia e mais ao plano morfosintáctico.

1
1. Lingua estándar e variedade da lingua galega

No que se refire ao contexto histórico, finalizadoo século XV, o Reino de Galicia estaba plenamente integrado na monarquía dos Reis Católicos. Ata 1833 nominalmente un reino adscrito á Coroa de Castela, administrado por un vicerrei que, na maioría dos casos, non era galego.
O castelán seguiu a penetrar en Galicia da man das elites civís ou eclesiásticas, e os acontecementos históricos convertérono no único código lingüístico capaz detransmitir mensaxes oficiais e produtos literarios serios dentro da Coroa de Castela. O galego, ao igual ca outras variedades románicas, irase desprezando e chegaría a ser, en pouco tempo, un marcador social negativo. No seguinte texto, Henrique Monteagudo, explica a situación do galego fronte o castelán: “Un dos trazos centrais da situación histórica de subalternidade ou minorización do idioma galegoexprésase na noción de interposición do castelán, isto é, no feito de que a cultura e o idioma dominantes (o que se ten denominado lingua teito) se situaron como mediadores obrigatorios entre a cultura e o idioma galegos (lingua cuberta) e o resto das culturas e idiomas da contorna” (Henrique Monteagudo, 2003: 201).
O século XVIII supuxo para España a instauración dunha nova dinastía reinante, aborbónica, e con ela unha acentuación da política unitarista que xa practicaran antes os Austrias e que no terreo lingüístico se fixera patente incluso con imposicións tan terminantes como a do decreto polo que en 1566 se prohibía o uso da lingua árabe no Reino de Granada e se ordenaba que nun prazo de tres anos todos os mouriscos que alí vivisen pasasen a valerse do castelán tanto na esfera dopúblico coma na do privado.
Ao rematar o século XVIII dábase en Galicia un bilingüismo social con lingua dominante minoritaria. O pulo ascendente do castelán para o desempeño das funcións altas semellaba, a principios do século XIX, vitorioso fronte ao latín pola supremacía na
2
vida escolar, universitaria e cultural; o galego, nesta situación, non se convertía en lingua escrita.
O galego foinesta época o vehículo transmisor dunha rica literatura de tradición oral, pero foron poucas as pezas escritas que nel se compuxeron e menos aínda as que se imprimiron.
Do século XVI ao XVIII a castelanización do galego sería aínda leve e superficial, máis leve e superficial na fala dos rústicos e iletrados e probablemente algo máis grosa na da xente vilega e urbana con algún matiz cultural. Ainfluencia máis evidente foi a incorporación de determinados préstamos lexicais innecesarios que substituían antigas voces galegos. As inferencias lexicais máis antigas producíronse nos sectores do vocabulario directamente relacionados cos máis potentes axentes castelanizadores do momento. Na esfera das formas de tratamento, a prevalencia do castelán nos niveis máis elevados da sociedade determinoua aparición e o triunfo de vostede e vosté e tamén de vusté e vustede. Estas solucións non se poden explicar partindo do galego vossa mercé, senón unicamente como resultantes do castelán vuestra merced, unha forma de tratamento que, reservada nun principio a un núcleo moi reducido de notables, iría co tempo democratizándose e estendéndose entre as amplas camadas galegofalantes.
Todas estas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Linguistica
  • linguistico
  • Linguistica
  • linguistico
  • Linguistica
  • lingüística
  • linguistica
  • Lingüistica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS