Unidad didáctica razón teórica-razón práctica

Páginas: 9 (2221 palabras) Publicado: 8 de febrero de 2011
Unidade didáctica 2 da programación de FILOSOFIA 1

ARTICULACIÓN RAZÓN TEÓRICA/RAZÓN PRÁCTICA

1. INTRODUCCIÓN...............................................................páx.1
2. OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE...................................páx.2
3. CONTIDOS........................................................................páx.3
4. ACTIVIDADES DE ENSINO EAPRENDIZAXE…………..páx.3

5. -PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN............................páx.6
A .Avaliación continua.............................................páx.6
B. A proba obxectiva………………………………….páx.7

C. Indicadores de competencia curricular………..páx.8

D. Criterios de avaliación e contidos mínimos.....páx.9
E.Procedemento de recuperación…………………páx.10

6.ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.............................................páx.10

1. -INTRODUCIÓN
No apartado correspondente ao bloque "A acción humana" do currículo de Filosofía 1, exposto no anexo do Decreto 231/2002, do 6 de xuño, polo que se modifica o Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato naComunidade Autónoma de Galicia dise textualmente: Interesa aquí insistir na articulación profunda e constante entre a dimensión teórica (razón teórica) e práctica (razón práctica) do ser humano, así como na capacidade normativa e innovadora que dimana desta relación. De aí a pertinencia dunha unidade didáctica coma a presente, que foi desenvolvida non só como propiciadora dos obxectivos que elapersegue, senón tamén como matriz xeradora de algúns dos aspectos baixo os que a acción e reflexión humana poden ser analizadas (fundamentación ética, éticas autónomas e heterónomas, o coñecemento científico, acción humana, traballo e técnica, o problema da verdade), por iso desenvólvese nun número de sesións maior ca outras unidades didácticas posteriores.
Sobre a articulación entre obxectivos econceptos, a pauta márcaa o obxectivo, os conceptos constitúense nas relacións operativas que os obxectivos esixen.
Por iso aparecen a través dos procedementos que constitúen as actividades e que na súa operatividade cobran así significado. Deste xeito a propia natureza do quefacer práctico-reflexivo fará emerxer primeiro os conceptos prioritarios, así sempre estarán presentes os inclusoresque os devanditos conceptos prioritarios portan. O profesor dispón na súa mente e na súa programación de outros conceptos que en caso oportuno serán desenvolvidos a partir dos inclusores anteditos.
2. – OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE:
• recoñecer e ser capaz de describir características constituíntes do tipo "razón teórica".
• ídem do tipo "razón práctica".
• captar a articulación deámbolos dous tipos de razón dende unha acción humana situada na actual encrucillada na que se haxa a humanidade (cambio climático, enerxías, pobreza e desigualdade, xenoma e células nai, crisis alimentaria, violencia e malos tratos, novas tecnoloxías e sociedade,,,)
• reflexionar sobre posibles formas nas que fundar as relacións entre razón teórica e razón práctica, de maneira que se sexa capaz depropoñer enfoques da realidade que impliquen unha función social das ciencias (tanto humanas como naturais).
• captar a idea principal de textos filosóficos relativos á temática da unidade, e identificar as súas partes en función da argumentación sostida neles.
• adquirir unha estructura cognitiva que acolla significativamente ás unidades didácticas referentes á fundamentación ética e ocoñecemento científico.
3. –CONTIDOS
(Os contidos procedimentais aparecen a través dos procedementos que constitúen as actividades, os actitudináis ben implicitamente ou ben explicitamente ó longo da exposición da unidade).
• suxeito, obxecto, razón teórica/razón práctica.
• coñecemento ético interpretativo orientado á acción
• coñecemento teórico-científico descritivo orientado á...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • la razón teórica
  • Silogismo teorico / razonamiento practico /
  • Unidad iv: el razonamiento
  • Unidad 3 Razonamiento
  • UNIDAD 3 Razonamiento Discursivo
  • Crítica de la razón práctica Kant
  • critica de la razon practica
  • PROLOGO CRITICA A LA RAZON PRACTICA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS